Temas: PP PONTEVEDRA

Exalcaldes do PP pontevedrés apoian a Rafa Domínguez e reclaman a "rexeneración" tras 20 anos de mandato de Lores

Desde o PP de Pontevedra apuntan que "sen rexeneración non hai democracia". "Porque un home de 65 anos, con 20 anos de mandato, é un avó que debe dedicarlle máis tempo aos netos que á política".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu este luns publicamente o apoio dos exalcaldes 'populares' da cidade, José Rivas Fontán e Juan Luís Pedrosa, quen reclamaron "rexeneración" tras 20 anos de mandato de Miguel Anxo Fernández Lores.

Juan Luís Pedrosa puxo de manifesto as cualidades que ten Rafa Domínguez "para ser un bo Alcalde", entre elas, e a que considera "primordial", é a mocidade. O que fose rexedor da nosa cidade entre 1995 e 1999, lembrou que "non todo o fixo Lores" e puxo en valor diversas actuacións que levaron a cabo durante o catro anos do seu mandato.

Neste sentido, Rivas Fontán destacou que "sen rexeneración non hai democracia". "Porque un home de 65 anos, con 20 anos de mandato, é un avó que debe dedicarlle máis tempo aos netos que á política", apuntou.

En contraposición, enxalzou a traxectoria da familia Domínguez á que pertence o candidato, "unha dinastía de persoas dedicadas publicamente a Pontevedra". "Pola marca podemos responder", engadiu. Durante o almorzo que compartiron con medios de comunicación, Domínguez quixo expresar o seu agradecemento tanto a Rivas Fontán como a Pedrosa en "un dos días máis felices" que viviu neste camiño cara á Alcaldía.

Rafa Domínguez (esq)
Rafa Domínguez (esq) | Fonte: Galicia Confidencial

Temas: PP PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta