A Xunta fará obritatoria a instalación de cambiadores de bebés nos baños públicos masculinos en novos edificios

A conselleira Fabiola García explicou tamén que os edificios de titularidade pública deberán ter sala de lactación e sala con cambiadores accesibles para homes e mulleres.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/03/2019 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A Xunta obrigará a instalar cambiadores para bebés nos baños públicos de homes en edificios de nova construción como medida de "conciliación", segundo expuxo a conselleira de Política Social, Fabiola García, coincidindo coa súa presenza na inauguración dunha nova sede da ONG Ecos do Sur.

A conselleira explicou que se trata dunha medida que estará incluída na nova Lei de Impulso Demográfico e que será "obrigatoria" unha vez que a mesma entre en vigor. Respecto diso, dixo que "nas próximas semanas" esta lei comezará a súa tramitación coa intención de que despois do verán poida estar en funcionamento.

A conselleira explicou tamén que os edificios de titularidade pública deberán ter sala de lactación e sala con cambiadores accesibles para homes e mulleres; do mesmo xeito que os públicos de titularidade privada, todos de nova construción. En ambos os casos, e cando existan zonas de aparcadoiro, deberá haber un espazo reservado para as familias.

Entre os que deberán reunir estes requisitos, están edificios administrativos e edificios públicos de titularidade privada como centros comerciais ou de hostalaría. En canto aos edificios antigos, precisou que, unha vez aprobada a lei, a Xunta publicará "ordes de axuda para facilitar a implantación desta medida".

A conselleira subliñou que Galicia será "a primeira comunidade autónoma que eleve a rango de lei todas as políticas demográficas" e destacou que a implantación de cambiadores, non só nos baños das mulleres, supón tamén "conciliación e corresponsabilidade".

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita os servizos de Aspas. XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita os servizos de Aspas. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta