Atopan morta unha muller na Coruña cando ía ser desafiuzada

Hai aberta unha liña de investigación, porque "pode ser que a morte non sexa natural".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/03/2019 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O cadáver dunha muller, de idade avanzada, apareceu na mañá deste luns nun domicilio da Coruña cando ían a desahuciarla. Desde a Policía Nacional, unicamente se confirmou que se achou unha persoa morta e que, nestes momentos, non se descarta "ningunha hipótese" sobre a causa da súa morte.

Número 15 da rúa Perú, na Coruña
Número 15 da rúa Perú, na Coruña | Fonte: Google.

"Pode ser que a morte non sexa natural, está a investigarse", indicaron as fontes policiais.

Fontes consultadas ratificaron tamén que hai unha liña de investigación aberta despois de que a comitiva xudicial descubrise o cadáver da muller, unha persoa maior que residía no número 15 da rúa Perú.

As mesmas fontes indicaron que se estaría buscando a filla da falecida, aínda que, polo momento, desde a Policía Nacional non houbo confirmación á espera de que avance a investigación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta