Lavado de cara en Ciudadanos Galicia para as eleccións xerais

O partido renova o 100% das súas listas ao Congreso e sitúa o ex do PP José Araújo de dous por Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Ciudadanos renovou o 100 por cen das súas candidaturas ao Congreso dos Deputados para as próximas eleccións xerais que se celebrarán o 28 de abril e serán mulleres as que encabecen tres das catro provincias: na Coruña, Ourense e Pontevedra.

José Manuel Villegas con membros de Ciudadanos Galicia
José Manuel Villegas con membros de Ciudadanos Galicia

Unha das novidades das listas é o nome de José Araújo, que fora edil do PP na cidade de Ourense e que soa para ser o candidato á Alcaldía na capital. Será o número dous na circunscrición ourensá.

Nun repaso polas candidaturas, revélase que ningún dos nomes que concorreron en 2016 nalgunha das catro circunscricións galegas ao Congreso repite agora nas candidaturas que tiñan que rexistrarse este luns como máximo ante as xuntas electorais.

Unha curiosidade das listas dáse na Coruña, nas que o matrimonio Marta Rivera da Cruz e Marcial Martelo de la Maza García abren e pechan a candidatura. Nesta circunscrición destaca, ademais, que tres mulleres ocupan o tres primeiros postos.

Así, a Marta Rivera da Cruz (deputada ata agora por Madrid), acompañaranlle María Vilas Liñares e Mónica Martínez Lema; seguidas de Andrés Pérez Rouco, Marcos Martínez Candal, María Esther Diz García, César Manuel Iglesias Fernández e Martelo de la Maza García.

Tamén na provincia de Pontevedra será unha muller a que lidere a lista, con Beatriz Pino Ocampo, ata agora xefa de comunicación da formación en Galicia. Séguenlle Javier Alonso Seoane, Luís Gil Calzada, Rocío Benito Vernal, Diana María Otero Mascato, Modesto Comesaña Boubeta e Adrián Vázquez.

Finalmente, a terceira muller que lidera a lista será Inés Iglesias Canle en Ourense. José Araújo Fernández, Rubén Marcilla Urbano e Samanta Ferreiro González completan a lista por esta circunscrición.

Mentres, a provincia de Lugo será a única encabezada por un home, José Manuel Branco López; seguido de Francisco Pintado Otero, Paula María Varela Núñez e Marco Candal Quiroga.

Con estas listas renovadas, Ciudadanos aspira a lograr uns resultados que, polo menos, superen os da lexislatura errada de 2015, cando logrou un deputado pola circunscrición da Coruña, que logo perdeu na repetición de eleccións de 2016.

CANDIDATURAS SENADO

Doutra banda, a renovación ao Senado tamén é moi alta, xa que só repiten dous candidatos dos 12 posibles, o que supón un recambio do 83,3 por cento. Só volven ir na lista Goyo Revenga, de dúas por Pontevedra, e Víctor González García, como número uno en Lugo.

Así, na Coruña concorrerán María del Carmen Mahía Vázquez, Miguel Anxo Reviejo Ares e Gonzalo Igrexas López; mentres que en Pontevedra son elegibles ao Senado Elena Pousada, Goyo Revenga e Luís Miguel Lamas Pérez.

En Lugo, seguen a Víctor González García, José Ramón Fernández Yáñez e Mercedes Marcos Fernández. Mentres, en Ourense, tamén coa renovación do cento por cento, serán candidatos Montserrat Lama Novoa, Luís Garayzabal Pedrosa e Ignacio Juan Martín Amaro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta