Investigan un posible suicidio asistido na Coruña dunha persoa que ía ser desafiuzada

As forzas de seguridade acharon morta a unha anciá de 71 anos e buscan á súa filla na Coruña tras atopar unha nota da nai.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/03/2019 | Actualizada ás 09:51

Comparte esta noticia

Unha muller de 71 anos foi achada morta na súa vivenda na Coruña e buscan á súa filla, que convivía con ela e que non puido ser localizada, informan a Efe fontes da investigación.

A septuaxenaria foi atopada onte sen vida no seu domicilio da rúa Perú pola comisión xudicial que ía botala da súa casa. A policía investiga o caso e despregou un dispositivo para buscar á filla da anciá porque non se descarta ningunha posibilidade, entre elas que se trate dun suicidio asistido.

De feito, esta muller deixou unha nota autoinculpándose do sucedido.

Protesta contra os Desafiuzamentos
Protesta contra os Desafiuzamentos | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta