Morre un garda civil en Ourense tras dispararse na cabeza diante da súa muller

O home, de 48 anos e natural de Valladolid, foi trasladado aínda vivo ao Chuou, onde finalmente faleceu

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/03/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Un garda civil de 48 anos que se deu un disparo na cabeza nunha residencia de anciáns en Ourense onde traballaba a súa muller faleceu finalmente no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuou), segundo confirman a Europa Press fontes da Benemérita.

O home, natural de Valladolid e que responde as siglas C.L.R., presentouse no xeriátrico San José da parroquia de Rairo arredor das 8,40 horas deste martes e solicitou falar coa súa esposa. Seguidamente, acudiu onde ela se atopaba e pegouse un tiro na cabeza.

Fontes do 061 indican que foi xusto no momento do suceso cando desde a residencia se puxeron en contacto para solicitar asistencia sanitaria. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada para trasladar ao home ata o Chuou, onde finalmente faleceu sobre as 12,00 do mediodía.

O sucedido non está a ser investigado como un caso de violencia de xénero, insiste a Policía Nacional. Ata a residencia desprazáronse, ademais de efectivos deste corpo, unha unidade da Policía Científica e do servizo de Atención Cidadá.

Axente da Guardia Civil
Axente da Guardia Civil | Fonte: Arquivo Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta