Traballadores da PAC peregrinan desde a Consellería de Sanidade ao Obradoiro para pedir "melloras"

O Sergas reitera que a súa oferta a este persoal "recolle a inmensa maioría das reivindicacións" deste colectivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2019 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) realizaron este mércores unha peregrinación desde a sede da Consellería de Sanidade, en San Lázaro, ata a praza compostelá do Obradoiro para reivindicar que o Sergas negocie "melloras" co colectivo.

En declaracións a Europa Press, a membro do comité de folga e médico Ana Boedo destacou que unhas 150 persoas participaron na marcha, que partiu pasadas as 10,30 horas de San Lázaro, tras entregar na sede da Consellería unha nova petición de reunión.

Os traballadores da PAC portaron caixas coas súas reivindicacións escritas nelas e, ao chegar ao Obradoiro, previa parada en San Caetano, onde está a sede da Xunta, sobre o mediodía, formaron un muro para simbolizar "o muro que pon a Consellería para falar" con eles "e resolver o conflito".

Posteriormente, os traballadores derrubaron o muro para expresar que "tras ano e medio de mobilizacións" manteñen as súas reivindicacións de "melloras" e do "cumprimento dun pacto".

Neste sentido, sobre o borrador presentado polo Sergas, Boedo lembrou que foi "rexeitado polos traballadores" porque "non cumpre as expectativas". Por iso, demandan unha reunión para "traballar entre todos". "Temos tantas ganas de solucionar o conflito como eles", concluíu.

NOVE DE ONCE MEDIDAS

Pola súa banda, o Sergas reiterou nun comunicado de prensa que a súa oferta ao persoal da PAC "recolle a inmensa maioría das reivindicacións" deste colectivo. Así, concreta que "ofertou nove do once medidas formuladas polas organizacións sindicais". Por iso, o Sergas fai un chamamento ás organizacións sindicais e representantes dos traballadores para que "reconsideren a súa postura".

Respecto diso, a Administración sanitaria autonómica lembra que ofertou o incremento retributivo pola realización de noites e festivos/domingos nun 20%, o que "suporá para un médico 10 euros máis por cada noite e por cada festivo/domingo 58 euros máis". "Esta medida suporá de media un incremento de 600 euros anuais pola realización de noites e 1.400 anuais máis por festivos e domingos", matiza.

Traballadores da PAC peregrinan desde a Consellería de Sanidade ao Obradoiro. PACS EN PÉ DE GURERRA
Traballadores da PAC peregrinan desde a Consellería de Sanidade ao Obradoiro. PACS EN PÉ DE GURERRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta