Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2019 | Actualizada ás 15:08
As deputadas do PSdeG, Patricia Vilán, e do PPdeG, Paula Prado, protagonizaron este mércores un tira e puxa no Parlamento galego a conta dos termos "machista" e "homófobo".
Foi a dirixente popular quen acusou á ministra de Justicia, Dolores Delgado, de "homófoba e machista", ademais de acusar a Pedro Sánchez de ser un "teleñeco". Uns insultos que provocaron a intervención de Patricia Vilán.
A deputada socialista tomou a palabra para pedir a retirada das palabras "teleñeco, homófobo e machista" da intervención da parlamentaria 'popular'. "Porque máis homófobo e machista que recorrer a Lei de Matrimonio Homosexual non hai nada", espetou.
Nese momento produciuse unha discusión con Paula Prado, quen á súa vez ironizou con que esta petición se traslade desde a "señora que chama Epi e Blas" ao PP.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.