Risco alto de incendios na metade sur de Galicia e parte da provincia da Coruña

Meteogalicia informa de que este mércores se rexistra unha ambiente moi seco no sur e o oeste, que contrasta coa humidade no norte. Esta tarde entran brisas e aumentará a humidade do litoral entre Fisterra e A Guarda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2019 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

A metade sur de Galicia e parte da provincia da Coruña atópanse en risco alto de incendio, mentres é moderado no resto da Comunidade.

Así figura este mércores no índice de risco de incendio forestal (IRDI), que ten en conta a conxunción de factores como a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, así como as infraestruturas preventivas.

Ademais, varias zonas no sur da provincia ourensá, así como algunha zona oriental atópanse en risco moi alto, mesmo con certos puntos en risco extremo.

Pola súa banda, Meteogalicia informa de que este mércores se rexistra unha ambiente moi seco no sur e o oeste, que contrasta coa humidade no norte. Esta tarde entran brisas e aumentará a humidade do litoral entre Fisterra e A Guarda.

No tocante á predición para o xoves, espérase que continúe o vento de nordeste, aínda que será frouxo na metade sur con réxime de brisas. As temperaturas non terán cambios significativos, de forma que se esperan máximas que poden alcanzar os 27 graos nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Rural.- A metade sur de Galicia e parte da Coruña están en risco alto de ince. XUNTA
Rural.- A metade sur de Galicia e parte da Coruña están en risco alto de ince. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta