A Xunta di que se debería "modificar" o acordo de España coa Santa Sé para retirar relixión dos colexios

A deputada nacionalista Olalla Rodil, subliñou que "calquera tipo" de confesión ou crenza "debe quedar á marxe do ámbito público.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2019 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Universidades e Formación Profesional, Carmen Pomar defendeu este mércores que "non é certo" que os alumnos do ensino público estean obrigados a cursar a materia de relixión e alegou que prescindir desta materia sería incumprir a lexislación e implicaría "modificar" o acordo que mantén España coa Santa Sé desde 1979.

Así respondeu Pomar a unha pregunta formulada no pleno do Parlamento de Galicia pola deputada do BNG Olalla Rodil, que asegurou que os estudantes galegos de Bacharelato "ven obrigados" a escoller relixión "para completar a carga horaria" que se lle esixe á hora de seleccionar as materias optativas.

E é que, segundo indicou, mostrando unha folla de matrícula do IES Politécnico de Vigo, á hora de escoller determinadas materias "non teñen liberdade de elección" se "a única combinación posible" pasa por cursar relixión. Ademais diso, a nacionalista subliñou que "calquera tipo" de confesión ou crenza "debe quedar á marxe do ámbito público". Ante iso, a conselleira insistiu en que "non é certo" que a materia "condicione" ou "force" aos estudantes. E é que esta materia, proseguiu, débese ao "cumprimento" das normativas educativas e ao acordo institucional entre o Estado e a Santa Sé.

"OS CENTROS TEÑEN QUE OFRECER" A RELIXIÓN

Seguidamente, Carmen Pomar asegurou que, aínda que "os centros teñen que ofrecer" a relixión, é "unha opción" do estudante, que ten, segundo as súas palabras, "un abano amplo de materias" á súa disposición. Non en balde, criticou que o BNG "considere incompatible" cursar determinadas materias como antropoloxía á vez que relixión.

Así, a parlamentaria do Bloque insistiu en que "por suposto" as crenzas de cada persoa deben ser "respectadas", pero "no ámbito privado" e "fóra do ámbito público". "Esa separación é necesaria para a confesionalidade, xa non digo laicismo porque a Constitución do 78 é a que é", engadiu Rodil. "Propóñolle, conselleira, que se non queren eliminar a relixión do currículo adopten medidas necesarias para que ningún estudante senta a obriga de cursala", suxeriu, ao que a conselleira volveu a esgrimir "o respecto á legalidade vixente" e á "autonomía dos centros".

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, no pleno do Parlamento. XUNTA - Arquivo
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, no pleno do Parlamento. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta