Traballadores de prisións demandan mellores condicións laborais ante o delegado de Goberno

Javier Losada reuniuse cun colectivo de persoas empregadas nos penais, que levan insistindo durante uhn ano nas súas reivindicacións

Por E.P. | A CORUÑA | 27/03/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, recibiu este mércores os representantes galegos da Asociación Profesional de Traballadores Penais 'O teu abandono pódeme matar'.

No encontro, segundo informa a Delegación do Goberno, abordáronse as reivindicacións deste colectivo de traballadores de prisións, creado o ano pasado. En concreto, analizaron as demandas socio-laborais da directiva da asociación "coa que coincidiu en fomentar as vías de colaboración para mellorar as condicións de traballo destes empregados públicos", informa a Delegación do Goberno.

Actualmente, a Asociación 'O teu abandono pódeme matar' representa a traballadores dos centros penais de Lugo, Ourense e A Coruña.

Traballadores de prisións trasladan ao delegado do Goberno as súas demandas para m. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Traballadores de prisións trasladan ao delegado do Goberno as súas demandas para m. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta