O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

48 Markus

Que maneira de fribolizar cos datos. Está claro que hai un problema un problema social moi grabe.A sociedade está ante un cambio de ciclo político. Pero as cifras hai que saber interpretalas por que non houbo voto emigrante e a participación foi un pouco máis baixa. Polo tanto o BNG non perdeu 30.00 votos máis ben mantivo unha porcentaxe e unha intención de voto que se recuperará debido ao seu traballo ben feito. Por outra banda o voto do PP nin é merecente de estudo , é dicir: o PSOE perdeu máis de 4 millons de votos e cada vez é máis claro o bipartidsmo. Cómpre salientar tamén que a baixada do voto galeguista produciuse en Ourense e algo en Lugo,berces dun caciquismo que repunta e da emigración da xente moza. Dicir tamén que un millón de galegos non acudiu ás urnas.

47 Isabel

O BNG non é útil a Galicia xa. Compite con EU e para o PSOE é un eterno compañeiro de viaxe. Non lle voto máis. Galicia segueb desgaleguizándose. BNG, non te vexo útil xa. E despois do que te vas enterando por aquí...a cousa xa non me ofrece confianza.

46 Rabia, rabiña

Porque se fala de 40.000 se son 30.000? xa sei que non importa moito, máis "significa" moito. Tristes, que sodes uns tristes !

1 M. Taboada

Eu leo aAínda que con case 30.000 votos menos que en 2008". Pero tes razón, GC minte de novo cegado pola súa conspiración contra o Bloque, porque só se perderon 29264 votos.

2 Soutos

Faltan por contar o voto exterior. Ao final repetiránse resultados con respecto a 2008 no que podían moverse desde a Xunta. Non está nada mal.

45 Vázquez Nunca Máis

O día feliz? Feliz foi o día que o BNG foi a segunda forza política deste País. Quintana, Vázquez, Jorquera, Rodríguez... sodes xentuza.

1 bloq

Dende logo que si por ti e polo que lle queres ao BNG fose non teríamos ningún día feliz... xente coma ti son os que sobran neste País

2 Capelo

O BNG e un partido de taberna. Ide fumar porros e facer referencias a Castelao a outra parte, porque Galiza e a xuventude xa non creen en pailans que se cren os libertadores da patria sen contar coa cidadania. Por unha Galiza ceive vota a quen queiras menos ao BNG.

44 adiante

aiaiai hai moitos que quedastes rabeando con estes bos resultados que nos permiten seguir defendendo os intereses de galiza, que lle imos facer amigos... esperavades ansiosos que perderamos deputados pero non puido ser... aquí hai persoaxes de todo tipo, incluso algún que di ser "militante" e nen sequera votou e quere vir a darnos leccións por favor!! a crítica máis profunda a voz rouca de Guillerme jajajaj En fin a sociedade galega segue a confiar no BNG! Adiante co BNG!

1 Xanti

perdemos 40000 votos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! tódalas formacións de esquerda benefícianse da caída do BNG, todos menos nós!!!!!! Pensa un pouquiño.

2 Xanti

da caída do PSOE, perdón.