O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

3 paisano

Lamentábel Guillerme, como militante, o resultado paréceme nefasto e a ti "o día feliz do BNG"??? O resultado "feliz" sería mellorar considerábelmente os votos do 2008 e achegarnos aos do 2000...

1 paisaniño

Que vas ser militante, se es militante milita falando ben do BNG e non "autocriticándoo" sen incluírte a ti, claro.

2 paisano

A min o resultado paréceme NEFASTO. E iso o digo coma militante, simpatizante ou votante. Se á cúpula lle parece un resultado bo... mal imos.

3 uncalquera

Sumádelle a perda do senador... que até o saca CC, EQUO... non entendo a "ledicia" deste home.

4 uncalquera

Aínda que... estará feliz porque todos pensaban que CXXI lle ía sacar 120.000 votos ao BNG, que de feito, de 30.000 que perde.. só se foron nin 2000... Aínda obtivo mellores resultados Nós-UP ou FPG...

5 Gustavo

O senador era elexido polo parlamento, non por elección directa, que nunca o houbo. Eu tamén votei ao bloque, por dignidade nacional, pero a perda de votos nun intre en que tiña que gañalos por afundimento do PSOE nunca pode ser calificado de "día feliz", nen siquera polo portavoz, tería que decir, satisfeitos por manter a representación e teremos que traballar para recuperar o voto en próximas citas....eso, en plan suave e diplomático. Si o BNG non dá medrado cando o PSOE se afunde, xa me dirás cómo andamos, si queren por unha venda nos ollos....

6 Rayleigh

A única explicación as verbas de Guillerme son que manexaban enquisas que non lles daba nin para tomar cafés. O BNG leva anos á defensiva e xa vai sendo hora que vaia ó ataque. Na Asamblea de Xaneiro a ver que fan por que Guillerme para min, non da a talla como candidato. No BNG hai moita clase media (Guillerme entra nesto), entendendo como tal, moitos políticos que son bos deputados, alcaldes..pero non hai un persoaxe carismático que atraia votantes.

2 pois é!

Com 40000 votos menos nom pode ser um dia feliz. A recuperar gente do nacionalismo, que temos um teito muito mais alto si se integra a gente que se foi deixando de lado que si seguimos por este caminho. Nom podemos seguir conformandonos có "nom nos foi tam mal como a outros".

1 Felices vós

E feliz será para os que desexaban tamén que perdese a representación, os "amigos" benególogos de sempre. Seguro que agora pedirán "autocrítica" a unha formación á que non votan. Teredes que seguir aturando que o BNG sexa a voz de Galiza en Madrid.