O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

43 Krishna

O Bloque vende A Nosa Terra a un empresario. O Bloque vota a favor do plus de altos cargos. O Bloque clama polo AVE como se fose o maná. O Bloque está a favor de Reganosa. O Bloque bota ao seu líder máis carismático, Beiras. O Bloque modera o seu discurso ignarando que, en politica, é o propio discurso o que crea a súa base social. O Bloque é percibido hoxe coma un partido máis, EU é percibida aproveita a súa debacle continuada, que xa dura quince anos. Os feitos son simples e duros.

1 Hare

Todas estas trolas son as que contan os "amigos" do BNG que saben sempre o que é mellor para nós e tanto nos queren.

2 todo pola pasta

Arre comunista de bo comer da UPG, ergue o puño ben pechado, non soltes o billete que pode voar co vendaval dunhas vindeiras eleccións!

42 Farruco

O BNG chegou ao seu teito eleitoral (a volta dos 400.000 votos) quando era percebido socialmente como umha alternativa de "esquerda radical", a partir de ai escomeçou a queda até os 180.000 de onte. E aínda hai quem di que o caminho de salvaçom do nacionalismo está numha moderaçom maior!!!!

41 Día feliz

Simplemente por comunicar iso perdeu miles de votos señor BNG, tratando os seus votantes coma vulgares peperos.

40 bieito de laxe

Fagamos unha colecta: un colar ortopédico e dúas dúcias de claras de ovos para mellorar a voz do lider interino, e de paso regalámoslle un manual novo de formas, ditos e posta en escea (o dos anos setenta que usa xa vai moi gastado). En serio, a onde imos co BNG de hoxe? A caída continuada, a liña descendente acusada, mentres o PP non recupera tanto (por moi bos resultados finais, os votos non aumentaron en grande medida) e o PSOE cae (mentres non os recupera o BNG, e si IU e outros grupiños), o votante crítico vai co nariz tapado, vota nulo, queda na casa, ou migra para IU (sabendo que non vai ter representación). Se os dirixentes tivesen amor pola patria, ou só vergoña, dimitirían de inmediato (e non falo do pSOE, senón dos nosos).

39 Manolo2

Por cierto, los lusistas ¿cuantos votos han conseguido?. Luc, necrófilo, ¿donde andas?