O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

38 Felipe

Son militante do BNG, e votei por última vez a UPG, votei co nariz tapado, e non o votarei facer, a non ser que mude o discurso, as persoas e as actuacións a nivel interno e externo. O noso discurso é unha reliquia do pasado que non conecta nin sequera cun 10% dos electores nun contexto de forte caída do PSOE e subida dos outros grupos de esquerda a nivel estatal. Hai que mudar o discurso e as formas XA! Cando dicían que na época do sorpaso con un PSOE afectado pola corrupción e os GAL, o mérito do BNG con BEIRAS a cabeza electoral non era tanto e que se explicaba pola caída do PSOE era mentira, o mérito estaba en como a sociedade percibía a aquel BNG acorde ao seu tempo e facendo propostas útiles e na onda dunha gran parte do pobo galego. En definitiva ou esto muda ou non contedes máis co meu voto!

1 aaaaaaag

E cales son esas propostas? Seguir tentando desestabilizar na rede? A rañala, meu.

2 anton

felipe. estamos en situación parecida. Eu xa levo duas votacions que non voto BNG, porque entendo que a larga e mellor para galiza e o nacionalismo. Ata que a UPG quede a 0 ou en limites insostibles para o seu proxecto de colocación nacional, non acabará con esta locura que están a facer. Eu non voto calquer cousa por eso votei nulo. Agora xa entran os trolls da UPG a dicir: hai que traballar arreo mais que nunca, sodes españolistas, destabilizades na rede... nada novo

3 carlos

Felipe, o BNG é unha FRONTE. Felipe, o BNG non recibirá votos dos partidos españolistas (PSOE e IU)que ven á Galiza coma unha autonomia. Felipe, o discurso é o conxunto de mínimos que se require para manter unha base social e coma en calquera organización, pertencerá a ela quen queira cumprir os ESTATUTOS acordados e aceitados nas sucesivas Asambleas Nacionais pertinentes. FELIPE, unha ORGANIZACIÓN POLÍTICA non é un clube de opinión...sexamos serios!. E por último, firmabas ti na tarde do 20 N por manter despois do escrutino os dous escanos en Madrid?...

37 Hambrosio

o trasvase do PSOE ao PP tampouco foi moito: o PP sobe 45000 e o PSOE baixa 300.000

36 CranioF

BNG: cen mil votos aprox., menos aínda que outras veces. Amaiur e CiU arrasan. O PNV resiste. CC consigue dous escanos cun puñadín de votos. IU e UPyD bailan nunha pata soa. E aínda hai quen disimula, rí e pon cara de "que contentiños estamos, festa, festa!". Ridículo. Patético. Risible. Eu equivoquéime de medio a medio pensando que ían recoller algo da debacle socialista. Para nada. Acerta o ManuelP no comentario anterior: se este partido -ou o que sexa- quere seguir vivo van ter que renovar ata as papeleiras. Chimpar a Pacorrodrix o druida, mandar os rapeiros insultóns a plantar patacas, recortar algunhas barbazas, renovar vestuario, preocuparse un chisquiño máis do inglés no ensino en troques de pensar tanto no galego, mil cousas máis, pero por enriba de todo, máis cordialidade e menos agresividade. Parabéns polo resultado (!).

1 umqualquer

concordo com você até "renovar vestuario,". O inglês está muito bem sempre que não se recurte o galego. Que quitem castelhano que imos sobrados. E mais cordialidade? mais ainda? temos que lhes fazer um francês aos espanholistas? o que há que fazer é definir o que somos. Dizer "isto é o que há, quem goste bem, quem não, também" e mandar o correctismo político ao caralho.

35 Centroeuropeo

O BNG, como ERC ou CC, mantivo a representación perdendo uns poucos votos: pasou do 11,51 ao 11,25% en Galiza, do 0,83 ao 0,75% en España. Como o de ERC ou CC, é un resultado digno, non é para se suicidar nin emprender loitas fratricidas das que se beneficiarían outros, mais tampouco para se declarar satisfeitos. Se nun contexto de estancamento os dirixentes dinse alegres, é porque temían un resultado catastrófico. O BNG está a recibir sinais de que, a diferenza dos tempos de Beiras e Nogueira, os cidadáns xa non o perciben como unha forza de esquerda alternativa con vocación hexemónica. Cómpre corrixir o rumbo e, sobre todo, a comunicación. Eu diría que Guillerme é un home de partido capaz e conciliador, mais non ten xeito de líder electoral. Ese ar de retranca cansada de repetir sempre o mesmo non ilusiona a ninguén. Seguro que hai dirixentes novos que poden conectar mellor coas arelas transformadoras da sociedade. Que tal, por exemplo, un Martiño Noriega?

34 Manuel P.

Eu desta non votei BNG, son nacionalista e militante desta formación dende hai 15 anos, máis despois de moito meditar cheguei á conclusión de que se votaba BNG por decreto co nariz tapado sería de facto coma un PPeiro máis que fagan o que fagan e rouben o que rouben votan PP si ou si. Se os dirixentes da UPG, perdón BNG, queren o apoio dos galeguistas que lle fagan caso aos simpatizantes e que dunha vez por todas den o relevo que parecen máis unha mostra xurásica ca un partido político. Gracias polos servizos prestados e deixen paso a outros.

1 aaaaaaag

Pois se non votaches, xa de traballar nin falamos. Non pidas contas que nada che deben. A rañala tamén.

2 eeeeeeeeeeeg

Estamos por riba dos nacionalistas que pensan por si mesmos. Non precisamos galegos despertos, menos aínda críticos. Adiante cos obedientes, os que se axoenllen e baixen as calzas ante Paco serán os escollidos. Benavenutadas as ovellas, delas nutriranse os altos cargos do BNG do futuro!

3 carlos

Manuel P. O BNG, é unha FRONTE NACIONALISTA non un partido!!!!!!...repasarás o que eso significa, medita menos e fórmate mais.