O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

33 Ana

Como se pode decir nun día coma hoxe que o BNG está contento? Sí é así confórmase con moi pouco para Galiza. Xa é hora de mirar o futuro, mirar a Euskadi ou a Catalunya e deixarse de mixiricadas, moitos votantes do BNG non estamos contentos, nin satisfeitos, temos orgullo e aspiramos a moito máis para Galiza, desperten srs. do BNG e ponhan a Galiza non seu sitio.

1 eeeeeeeeg

Colocamos de novoa a dous da obediencia da UPG, e con eles aseguramos o chiringuito. De novo temos represntación, cobramos polo voto recibido. Até a fundación Galiza Sempre poderá seguir recibindo, e así o Beiras non se vai, fóra fai frio... Viva o aparato, viva o chiringuito, festa para os escollidos!

32 Flechiak

Outra análise. O partido único PPSOE perde 27 deputados. E ainda perderia muitos mais com um sistema proporcional: http://noticias.lainformacion.com/p... Rajoy só pode fazer o que mande Merkel e os mercados (a Espanha é apenas uma insignificante província do novo regime feudal mundial). A economia vai continuar estagnada e o desemprego e a dívida vão continuar a aumentar (ou quando menos não vão descer). Rajoy não vai chegar ao final da legislatura.

31 meendinho

Há dous aspeitos a valorar: 1. Criar um movimento social nacionalista supõe unir a TODOS, sem excluir nem minusvalorar. Implica que a parte política deve de ser a que artelhe e organice a parte social. E que não todo se pode deixar a fazer desde o "público", mas a inciativa privada é fundamental. Isso é o êxito de Amaiur. 2. O modelo de nacionalismo que Galiza, pelo de agora, apoia é o dum partido de esquerda, da esquerda europea (nórdica), e que reconheça a nossa nação, mas sem fazer disto o cerne do discurso. A outrora Unidade Galega, com o seu discurso atualizado, é o futuro a seguir. De resto, continuaremos como vamos. Darão o passo valente que convém a essa militância do BNG que seguem convivindo com quem não compartem mais nada?

30 Galicia Confidencial

Agradecemos os comentarios que non insulten a líderes políticos ou formacións políticas. O resto, teremos que moderalos.Un saúdo

29 Black Crow

Por supuesto, renuncio a que estos gañanes entren en razón. Los merendiñas de la UPJÁ a lo suyo, que no es otra cosa que intentar que el chiringuito les dure 6 o 8 años mas y jubilarse sin tener que volver a dar un palo al agua. A día de hoy la UPJÁ mas que un aglutinador es un tapón a las aspiraciones del pueblo gallego, y la culpa no la tiene otro que Paco Rodriguez, un ególatra que fuera de la UPJÁ sería un don nadie. Yo les aconsejo a a la Pontón y al escaso resto de dirigentes jóvenes que se vayan buscando un trabajo honrado porque el tiempo se acaba.

1 Flechiak

É que um dos problemas são precisamente esses "dirigentes jovens". Porque são pessoas que ascenderam por antiguidade e por fidelidade e não por méritos, como consequência do medo dos coronéis a perder o controlo. Portanto, eles também fazem parte do problema. Doe-me dizê-lo mas o BNG está hoje dominado pela mediocridade (com honrosas exceções que vão ficando cada vez mais contra as margens). O BNG de Beiras podia aspirar a aglutinar o melhor da Galiza, fizeram tudo o contrário. É pena, porque a Galiza precisa uma força como o BNG.

2 Black Crow

1 Por Black Crow: Su próximo paso será poner a un/a monigote de candidato, por supuesto ajeno a la UPJÁ, que se lleve las hostias en las próximas autonómicas, y qué será Teresa Táboas sí o sí. Entonces palmarán dos o tres diputados y volverán a salir todos con su sonrisa a decir que han aguantado la marea conservadora, y habrán ganado dos años mas hacia su jubilación. No se si aburren de lo repetitivos que son o indigna por como toman a sus votantes por retardados.