O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

28 Feliz

O BNG conforma-se com ser uma força marginal. Com conservar os dois deputados para que não vaiam para o paro e também para poder continuar a receber empréstimos da banca. Porém, estavam convencidos de que ia ser muito pior, e agora respiram aliviados. Não há análise sociológica, não há auto-crítica e não haverá renovação. Não, porque agora Feijóo vai adiantar as eleições antes de que seja evidente demais o fiasco Rajoy. E se o Bloco aguenta o tipo nas autonómicas e os 12 apóstolos conservam os seus postinhos, sairão mais uma vez a dizer que é o dia mais feliz das suas vidas. Sem dúvida que será. Até quando?

1 Feliz

É este o seu projeto para a Galiza? Que voltem o Beiras e o Camilo já.

2 Flechiak

Eu seria mais feliz se o Bloco, para além de manter os seus 2 deputados, tiver feito um mínimo de autocrítica. Estas declarações triunfalistas são pão para hoje e fome para amanhã (e PP per omnia secula seculorum). O BNG conforma-se com isto? Muito bem. É ótimo para os que vivem disso, mas nefasto para a Galiza. A Galiza precisa dum frente amplo que aspire à hegemonia.

3 rudesindo

Penso estás trabucado nunha cousa, o monigote vai ser Aymerich. iso xa esta pactado e ben atado dende hai tempo

4 parlamento galego

12 apóstolos nin de coña: manterán uns 7 ou 8 e estarán contentos.

27 xavierinho

Os resultados son moi normaliños, pero si, poderia ser peor e perder un deputado. O Bloque ten que entender como funciona Galiza e adaptar o discurso. Non somos Euskadi nin Catalunya, para ben e para mal. A xente e´mais paletiña, moito vello ignorante, e moita xente manipulada polos medios de comunicación , propaganda toda en contra do nacionalismo galego non vos olvidedes. No P.Vasco non lles cola e se rin cando falan dende el Mundo ou el Pais, en Galiza reproducimos esa informacion na Voz e Faro, e si, a xente o cree. O futuro e´negro pero non hai que perder a esperanza. Por certo, novo portavoz no Bloque para as autonomicas, e menos UPG.

1 Kike

IGNORANTES E PALETOS SON OS QUE VOTAN O BNG , QUE ENTRE FULIADAS E IR BAILAR O MONTE CALZANDO ZOCOS PASAN A TARDE , IGUAL DE PALETOS QUE OS VASCOS ESTOS QUE LEVANTAN PEDRAS !SE ISO E SER INTELIXENTE E ILUSTRADO XA ME DIRAS QUE NON O E ! ESTES VAN A PENSAR QUE A XENTE E PARVA POR NON VOTARLLES !

2 xavierinho

Terias razón se Galicia fora como Baviera ou P.Vasco i estiveramos á cabeza de algo máis que tráfico de cocaina. Desgraciadamente non, estamos á cola de Europa, e dicecho alguen que viaxa bastante por Europa, o cal che recomendo. O Bloque ten moitos defectos, pero polo menos non se corrompen aos niveles do Pp. O Pp defende uns ideais que foron en contra do povo galego, totalitarismo no franquismo, imposición do españolismo, lingua, menosprecio da cultura propia galega, pois o que fixeron os británicos en Irlanda. Estes últimos, povo máis espabilado, sacáronnos a hostias. Nós, dámoslle maioría absoluta. Percebes?

3 Santiago

Se este é o aprecio que tedes os do BNG polos galegos: "A xente é mais paletiña, moito vello ignorante, e moita xente manipulada polos medios de comunicación" non é de estrañar que cada vez menos xente confíe en vos xa vos non confiades na xente, de feito insultades a todos os demais. Non hai porque insultar e tratar de ignorantes aos que non pensan como un e de feito non hai que tratalos como "seres non pensantes". Tedes o que vos merecedes

4 Ex militante

Este é un vello discurso que comezamos a usalo a finais dos 80 cando desgraciadamente había moitos máis analfabetos, que non "paletos", máis maiores, que non vellos -podería engadir que na súa maioría eran franquistas-, e por suposto, só había prensa escrita que non chegaba a todos e nin todos podían léela polo que dixen ao principio. Pero hoxe en día non ten cabida, salvo que algúns queirades seguir ancorados no pasado. Aqueles analfabetos, hoxe saben ler e escribir. Aqueles maiores morreron e hoxe son os seus netos, aqueles rapaces que agardamos que algún día votarían BNG, hoxe votan, pero moi poucos BNG. E coma remate, temos Internet, onde cada un pode contala película como lle apeteza, pero a cruel realidade esta ai. Comentario aportado por un ex militante, que despois de votar tantos anos BNG, agora opta pola abstención.

5 xavierinho

sabedes perfectamente ao que me refiro. Que eu son galego carallo para o bo e para o malo. Decir que a xente case non le en Galicia é unha obviedade, non é un insulto. Decir que non está desenrrolada como P.Vasco é un feito, non un insulto. Temos moitas cualidades das que sentirnos orgullosos, pero a realidade é a que é. Todo isto independientemente de que o BNG o estea facendo mal de carallo.

26 Manolo2

Si este es su día feliz, como será el malo. Resulta que hasta los comunistas multiplican sus votos en Galicia ante la debacle socialista, y estos se conforman con quedarse como están después de haber perdido miles de votos. En fin, que conservan la poltrona, que para ellos es lo único importante.

25 Marcos Gameiro

Já hai tempo que cada vez me custa mais votar BNG. Estou farto dos escolher un papel onde pon BNG e que todos os respresentantes sejan da UPG. De seguiren a pór gente mais preocupada polo que passa en Cuba, Venezuela ou no Paraguai pode ser que deixe de votá-los. Sei que os independentistas até son minoria no BNG, mas para min é un sentimento pessoal, e non fai falta que estean todos os dias a reivindicar a independência de Galiza, mas acho que son uns sectários e que só se preocupan da sua poltrona, o seu galego cada dia é mais castrapo (nas televisions espanholas nen os subtitulan). De seguiren assi pensarei en votar Equo, son espanhois mais acho que a minha ideologia está mais próxima, e non importa que reivindiquen a independência de Galiza nen os seus representantes falen en galego ou un galego autêntico, porque o BNG non o fai. O de CXXI é patético, non importa jogar no centro ou na esqueda do campo, o importante é jogar ben.

24 Kike

XA TEMOS UN PRESIDENTE DO GOBERNO GALEGO ! GALICIA VOTOU ONTE ALTO E CLARO ! GRANDE APOIO A MARIANO RAJOY PARA FORMAR UN GOBERNO DE CONSENSO ! ESPERO QUE GUILLERME VAZQUEZ TIVERA O SEU "DIA FELIZ" E COMPARTA A ALEGRIA DA VICTORIA DE RAJOY COMA BOA PARTE DOS GALEGOS QUE ONTE VOTARON POLO CAMBIO !

1 Xandokas

Franco tamén era galego

2 Kike

JAJA ! Si , si era galego pero creo que non lle gustaban moitos as eleccions . Cando en democracia se gaña de unha maneira tan contundente como onte o PP en Galicia so queda recoñecelo e felicitarse con orgullo de que un galego sexa o novo presidente sen mesturar cliches ideoloxicos que non van a ningun lado