O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

23 Santiago Cerceda

Estou medianamente contento. Medianamente triste. Lugo, Ourense son provincias atrasadas. Cunha emigración fortísima. Parte tamén na provincia da Coruña e algo en Pontevedra. É o que hai. Somos un pobo humilde. Temos que asumilo. Hai no noso país que leva toda a vida loitando dende o nacionalismo para trocar esta inercia. Pero é unha guerra moi desigual. Non sei vos. Pero o 90% da miña familia non ten coñecementos de nada. Só ven a tele. O único que ten algúns coñecemntos son eu. E voto a forzas nacionalistas. O 90% restante votan ao PP. E algún despistado vota ao PSOE. Non fagamos análises superficiais. Non estou contento. Pero tampouco estou moi triste. Estou triste polo meu país. Por ser un pobo humilde. Onde a economía é tan feble. Pero témonos que decatar deso xa que ao contrario estaremos sempre frustrados. E non temos que nos frustrar.

22 ANTON

Imos ver. Esta maña o escoitar a Montse Prado na RG xa me din conta que definitivamente isto non ten remedio. Definitivamente a UPG situose na posición de que o único que importa agora e botar balóns fora, ainda que para eso haxa que utilizar argumentos absurdos e de autentica paranoia, mentres acaban de castrar o BNG e fumigan definitivamente o resto de sectores do nacionalismo. Nun contexto super positivo; como auxe dos nacionalismos vascos e catalán, co afundimento do psoe, co desencanto do bipartidismo o bng volve a perder 40MIL votos O resumo que fai esta señora comnista é: TOTAL SATISFACIÓN e tampouco se nota moito entusiamo da sociedade galega polo PP, porque so subiron 50 MIL VOTOS. ¿Pero a que punto chegou a UPG? ¿Como se volveron tan enfermos? Pero como lles pode importar tan pouco Galiza

1 carlos

Antón, por qué non ía ser un éxito manter os dous escanos despois de ter traballado somentes media organización?...os +G e os Irmandinhos -en xeral- borráronse intencionadamente da Campaña. Se funcionase como era debido o Comite de garantias a día de hoxe mais de un e de unha debera de estar expulsada da FRONTE e sin embargo seguen dentro e -para colmo- desprestixiando e dinamitando a Organización...pois arrieros somos!

2 Xoelho

A substitución de Beiras polo matado do Quintana marca simbolicamente o punto de inflexión do desastre actual do BNG, e iso ten un culpable principal, que é a UPG. Dicir que os últimos resultados do BNG son de total satisfacción é propio de tarados. Os últimos resultados do BNG eran os previsibles, dentro da linha normal desde hai xa bastantes anos, pero de ningun_a maneira iso pode ser calificado de "satisfacción total". De feito, non sería un desatino sospeitar que o BNG actualmente está dirixido polos inimigos da esquerda nacionalista galega, porque a política actual do BNG é, máis ou menos, a que sonharía a plana maior do centralismo e o capital.

3 SantiBurrínguez

Bueno, vamos a ver, o BNG é a mellor representación de Galiza a nivel estatal, porque todavía somos a primeira forza nacionalista. Recórdovos que recentemente veu a Vigo, onde eu son concellal do BNG, nada menos que Bisbal, vencedor de Operación Triunfo, por poñer un exemplo dos méritos que ten o Bloque hoxe en día. Quintana o que fixo foi tratar de modernizar o nacionalismo galego y non foi comprendido nin pola sociedade nin por moitos dentro do BNG que non fan máis que incordiar y criticar por criticar, y son esos que non saben agradecer a labor de persoas como Anxo ou eu mismo, que me mato a traballar por Vigo colaborando a que as rúas estén bonitiñas, facer festas, organizar o entroido, o enterro da sardiña, o xuício do Meco, os magostos, facer a a-normalización lingüística y mil cousas máis. ¿Verdá que é certo o que digo, Ray?

21 VentoMadeira

¡¡ Así que o voto útil consistía en manter o númaro de deputados? Que Dunha vez por todas tedes que ser realistas e analizar o por qué no conseguídes o apoio suficiente. Estamos a desproveitar unha grande oportunidade como pobo e parte da responsabilidade é vosa, no estades cos tempos e seguides en liortas de neno pequeno. Madurade e tomade exemplo de vascos e cataláns. Cómo aproveitan ás súas oportunidades¡¡

1 Chano

comparar o nacionalismo vasco ou catalán có galego xa denota moi pouca formación política.

20 Paula

Desculpen a miña ignorancia pero... a felicidade era isto? Hai quen cae mesmo erro que moita xente no BNG: o devir de Galiza non é o devir do BNG ou de certos sectores do BNG. Coñezo a persoas que levan votando BNG toda a súa vida e nestas eleccións, por primeira vez, non o fixeron. Elixiron votar en branco, absterse ou provocar a nulidade do seu voto. Así manifestaron o seu descontento e o seu desacordo coa actual deriva. Non lle deron o seu voto a outros partidos non nacionalistas. O que denotan as palabras do portavoz son unha condescendencia moi próxima á soberbia e non creo que teña motivos para sentirse superior ó resto dos mortais. Nin el nin ningún outro membro do seu grupo. Eu, como adulta, debo asumir as miñas responsabilidades e recoñecer os meus erros. Ás veces é difícil pero resulta moi liberador. Fagan a proba.

1 Enfin

Es que tener alegria por perder 40000 votos es un poco absurdo, mientras los nacionalismos vascos y catalanes se refuerzan en Galiza pierden fuelle, pero bueno cada uno se consuela a su manera y últimamente el BNG esta muy acostumbrado a consolarse.

19 Anonadada

Como fagades máis analises tan "infantis" e furibundos coma este, atá os vai a gañar Tempo Dixital e Praza Pública, que xa e dicir. Semella que non podedes agachar a vosa fustración. Un pouco de seriedade ou máis capacidade analítica, porque sinto "vergoña allea" cando miro cousas así. Saúdos.