Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00
Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.
O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:
Non se aproveita da baixada do PSOE
O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.
Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.
O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.
Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis
Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.
Francisco Jorquera
Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".
Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos" de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.
Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.
Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)
Votos | % válidos | Deputados | |
P.P. | 855.732 | 52,52% | 15 |
PSdeG-PSOE | 451.233 | 27,69% | 6 |
B.N.G. | 183.279 | 11,25% | 2 |
EU-IU | 67.182 | 4,12% | 0 |
UPyD | 19.996 | 1,22% | 0 |
Resultados en Galicia en 2008
Votos | % válidos | Deputados | |
P.P. | 809879 | 43,86% | 11 |
PSdeG-PSOE | 750492 | 40,64% | 10 |
B.N.G. | 212543 | 11,51% | 2 |
EU-IU | 25308 | 1,37% | 0 |
UPyD | 10110 | 0,55% | 0 |
REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011
A Coruña
2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1
Pontevedra
2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1
Ourense
2011: PP 2, PSOE 2
Lugo
2011: PP 2, PSOE 2
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.