O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

13 Paquiño

O "día feliz" do Bloque!?! O que hai que oír... Para él sí que será un día feliz, porque este personaxe e toda a calaña que o rodea o único que conseguen día tras día e afundir o Bloque! Cada vez que abren a boca perden 100 votantes! Á poboación hai que transmitirlle seriedade e unión, e o único que transmite o Bloque actual é división e farándula! Se non das arranxado os problemas que tes na casa, como vas arranxar o país! A ver se lles queda claro que a imaxe que transmiten é penosa! E aclaro, dende que teño dereito a voto, sempre fun un fiel votante do BNG, pero desta vez (anque me foda) decanteime polo PACMA, polo menos defender os dereitos dos animais que a maioría son máis intelixentes que a actual cúpula do BNG!

1 paca

Guilherme tem um tom entre despreciativo e cabreado que não ajuda nada a trazer votos

2 paca

Guilherme tem um tom entre despreciativo e cablagem que não ajuda nada a trazer votos,

12 Foucelhas

Como que "éxitos" para CiU? Se é a DEREITA catalanista e santurrona! Éxitos as das "retallades" que están a perpetrar Mas & Ciu en Catalunya! Pecha o bico e deixa de dicir parvadas, Guillerme! Que sacou o BNG de lamberlle o cu ao PNV e a CiU?

11 Arenga

Se com esta situaçom económica a esquerda nacionalista nom avança é um fracasso rotundo. Nom sei de celebram....

10 leandro

40.000 votos menos? Non sabedes nin consultar as páxinas oficiais? 2 deputados e 11% dos votos como en 2008 A rañala e a seguir troleando con GB, Equo, IU, UPYD, Convergencia XXI e Rafa Cuiña.

1 Paquiño

Se es feliz mirándoo desa maneira, alá ti, pero a realidade e os datos son bastante diferentes! A parte de perder votantes, non lle rascamos nin un dos desconformes do PSOE! TODOS os partidos, excepto PUM+J, subiron considerablemente os seus votos... por algo será, non? Quizás porque a sociedade xa non confía no BNG e rinse da imaxe que transmite! Antes de escribir "chorradas", reflexiona, que creo que boa falta che fai!

2 Repaso

29300 agora mesmo

3 Feliz

Cando o Sr. Vaźquez fixo as declaracións levaban 40.000 en votos perdidos i era feliz. Agora levan menos perda, pero perden case 30.000 polo tanto supoño que pasará noite de troula.

4 BrHZ

E faltan os votos da emigración. Así que quedará a cousa en 10.000 menos. O BNG sae vivo desta que non é pouco.

5 bmhc

home, vivos si, pero o de contentos queda mal

9 Nilo

Unhas das conclusións, bastante posibel, é que o pobo galego como tal está morto. O BNG so son unhas siglas, pero é que non sae ningunha outra que nos defenda da cidadanía. O pobo galego actúa como bos provincianos apoiando a un partido cunha enorme carga nacionalista española. O nacionalismo galego somos unha reserva india.