O “día feliz” do Bloque

Vídeo no interior. “Este é un día alegre para o BNG”, así cualificou o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, a xornada electoral do 20N logo de que a formación nacionalista teña conseguido manter os dous escanos, aínda que con case 30.000 votos menos que en 2008.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 21/11/2011 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Por iso, o líder nacionalista, que compareceu acompañado de case todos os membros da súa Executiva, suliñou que os resultados deste domingo amosan a “recuperación da confianza” dos galegos no BNG, dos que o votaron e dos que non o votaron, “que tamén se alegran de que haxa unha voz que defenda Galiza en Madrid”.

None

O voceiro da fonte tamén desexou “éxito e felicidade” a outras formacións nacionalistas que viron incrementada a súa presenza no Congreso, principalmente, Amaiur e Converxencia e Unió. Velaquí o vídeo da comparecencia:

Non se aproveita da baixada do PSOE

O BNG salvou os mobles pero os resultados non dan para moitas alegrías. Tiña dous escanos e queda cos dous pero polo camiño déixase unha porcentaxe importante de votos con respecto a 2008. Un baixón electoral que, aínda que pequeno, agocha as deficiencias nacionalistas que, a pesar do trompazo do PSOE, non souberon aproveitar o momento.

 Guillerme Vázquez pechaba a campaña o pasado venres  asegurando que o BNG ´”levantaría un dique” á “marea azul” do PP e que a formación frontista era un “óso duro de roer”. Nada máis lonxe da realidade. Ao final, a “marea azul” arroiou en Galicia e o BNG non conseguiu “roer” nada entre os militantes ou simpatizantes do PP, nin tampouco do PSOE.

O BNG perde fol electoral nun momento no que o PSOE se esfarela, e non só en España, senón tamén en Galicia. Pasou do 11,51% de porcentaxe de voto ao 11% en Galicia e do 0,83 ao 0,72 no conxunto do Estado. Un lixeiro descenso que demostra que a súa chamada ao voto útil non conseguiu o seu obxectivo.

Esquerda Unida consigue 42.000 votos máis

Nesta ocasión, o voto útil decantouse por Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-Os Verdes), que pasa do 1,3 dos votos ao 4,2%. A coalición case que triplica os seus resultados con respecto ao 2008 e consegue case 68.000 votos, aínda que non lle serviu para conseguir representación en Galicia. Con todo, de manter estes resultados os comunistas poderían entrar no Parlamento de Galicia en 2013.

Francisco Jorquera

Pola súa banda, o cabeza de cartel do Bloque na Coruña comprotemeu "traballar arreo para que na politica estatal os asuntos que afectan a Galicia sexan tratados". Francisco Jorquera  alerta da "acumulación de poder" en mans do PP que pode "ser preocupante para a calidade da democracia".

Jorquera recordou que "en moitos ámbetos" se alertaba dunha posíbel perda dos dous deputados nacionalistas, poo que agora están "moi orgullosos"  de recuncar "nun contexto problemático". De cara á próxima Asemblea Nacional o deputado agarda  estes resultados aporten "serenidade" ao "consolidar" o discurso do BNG.

Cuestionado na Radio Galega sobre a incapacidade do Bloque para sumar votos descontentos co PSOE, dixo que "parece que en Galicia o principal beneficiario do trasvase de votos do PSOE é o PP" e inisiste en que o  "nun resultado co cal nos podemos sentir enormemete orgullosos". Jorquera pide tempo para "analizar máis de vagar" vías para que o BNG volva a ampliar o seu electoral.

Resultados en Galicia en 2011 (100% escrutado)


Votos % válidos Deputados
P.P. 855.732 52,52% 15
PSdeG-PSOE 451.233 27,69% 6
B.N.G. 183.279 11,25% 2
EU-IU 67.182 4,12% 0
UPyD 19.996 1,22% 0

Resultados en Galicia en 2008


Votos % válidos Deputados
P.P. 809879 43,86% 11
PSdeG-PSOE 750492 40,64% 10
B.N.G. 212543 11,51% 2
EU-IU 25308 1,37% 0
UPyD 10110 0,55% 0

REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008 e 2011

A Coruña

2011: PP 5, PSOE 2, BNG 1

Pontevedra

2011: PP 4, PSOE 2, BNG 1

Ourense

2011: PP 2, PSOE 2

Lugo

2011: PP 2, PSOE 2

 Datos do Ministerio do Interior para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

8 Pijus Maunificus

De verdade hai motivos para estar contentos? 1. O PP prácticamente estáncase en votos respeito de 2008. Tócalle meter as tesouras e iso significa que chegará o seu Sanmartiño eleitoral nas vindeiras convocatorias. 2. O PSOE afúndese: os seus votos van a EU, UPyD e EQUO. Os votos brancos e nulos duplicaron a porcentaxe (efecto 15-M). 3. O BNG mantén a representación en Madrid, perdendo unhas décimas na porcentaxe, malia ao cagastallo interno. Se o BNG ordea a súa casa, propón políticas de esquerda apegadas á realidade galega e escolle voceiros/as que transmitan frescura e ilusión (grazas Guillerme e adeus) as perspectivas poden ser positivas, mais non tanto como para estarmos contentos/as. E rapidiño, que as eleccións galegas están a menos de 6 meses!

1 Akribéstaton

PSOE perde 300.000 e esses partidos sobrem 60.000.

2 Akhenaton

40.000 que pillou o PP; 50.000 brancos e nulos; 30.000 que perdeu o BNG... E o resto, á "pedrea" e polo descenso en participación.

7 Xanti

Non pode seguir Guillerme, non pode seguir a UPG gobernando ditatioralmente. Basta de caralladas, o BNG ten que deixar os partidos e ser un só partido, UN SÓ PARTIDO. O nacionalismo galego ten que ser unha opción maioritaria, non a terceira forza política do país, se se lle pode chamar dese xeito visto os resultados...

1 carlos

seriedade meu!...ti sabes o que é unnha FRONTE?...ti sabes cal é a orixe e o contexto no que se constitue o BNG?...ti sabes en qué consiste unha ORGANIZACIÓN ASAMBLEARIA?...

6 egomateix

Em TV3 hoje, sobre ERC, que leva o mesmo caminho que o BNG: -ERC resiste com os seus dous deputados, como os 300 de Esparta. -Bom... os 300 de Esparta morrem todos no final...

5 Daniel

Por favor, que no se le ocurra conducir camino de casa, por lo que pueda pasar. Seguro que cuatriplica la tasa de alcohol permitida.

4 Pacharán

Este home vai bébedo non? PP +14000 votos, PSOE -315000, BNG -37000, EU +40000 . Perden case 40.000 votantes e o home está feliz. Vai dormila Guillerme!

1 Sesky

Algo rascado parece que si. Se o nacho se escarallaba na roda de prensa. Menos mal que Camilo Nogueira dixo na tele que o partido ten que cambiar, que xa non estamos na época da Guerra Fría

2 Repaso

Non só é esa diferenza de 37.000 votos menos. O bonito é que foi votar máis xente que en 2008 e aínda así preferiron votar en blanco ou cun debuxo dunha pirola que ao BNG.

3 Repaso

Agora mesmo -32.000 . Moito millor, onde vai parar!