Temas: XULGADOS LUGO

Fiscalía actúa contra a xuíza investigada por botar o tarot en Lugo por conceder indultos sen ter competencia

En todos os casos son concesións de indultos parciais a presos, unha competencia que é exclusiva do Goberno a través do Consello de Ministros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O Ministerio Fiscal interveu contra tres providencias emitidas pola xuíza de Vixilancia Penal de Lugo María Jesús García, investigada no seu momento por anunciarse como tarotista, concedendo indultos parciais a presos a pesar de non ter competencia para iso.

Segundo confirmaron  fontes de Fiscalía, tras ter coñecemento desta decisión xudicial presentáronse tres recursos contra as resolucións, dúas ante a Audiencia Provincial de Lugo e un ante a propia xuíza.

No primeiro caso, trátase de dous recursos de apelación ante a Audiencia, un dos cales xa foi resolto anulando o indulto concedido pola xuíza. O terceiro foi un recurso de reforma presentado ante a maxistrada, que "rectificou e anulou a súa propia resolución", indican as mesmas fontes.

En todos os casos son concesións de indultos parciais a presos, unha competencia que é exclusiva do Goberno a través do Consello de Ministros. Segundo lembra Fiscalía, a "competencia" dos xuíces neste caso pasa unicamente por propor estes indultos.

A xuíza de Lugo María Jesús García Pérez
A xuíza de Lugo María Jesús García Pérez | Fonte: confilegal.com

Temas: XULGADOS LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta