Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 14:59
As choivas volverán a Galicia durante o fin de semana no marco dunha vaga de lumes que afecta estes días á Comunidade, pero só chegarán en forma de treboadas que no interior da zona sur.
Segundo a predición de Meteogalicia, na tarde do sábado, 30 de marzo, espéranse chuvascos localmente treboentos no interior de Ourense e o sur da provincia de Lugo. Xa na tarde do domingo, prevense treboadas no interior e zonas de montaña das provincias de Pontevedra, Ourense e sur de Lugo.
A partir deste venres os ventos soprarán frouxos, o que se manterá durante a fin de semana, tras uns días nos que vento do nordeste axudou á propagación do lume e dificultou as tarefas de extinción. Así mesmo, as temperaturas seguirán sen cambios proximamente.
Pola súa banda, este xoves mantense o risco moi alto de lume nas provincias de Ourense e Pontevedra, así como parte da Coruña. No resto de Galicia é moderado, segundo o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.