Investigan un suposto caso de "abuso laboral" nunha empresa de limpeza en Vilagarcía

Os traballadores "non posúen contrato de traballo e a día de hoxe non lle pagaron nada", aseguran. A Policía detivo o xerente da compañía, e unha familiar está a ser investigada

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/03/2019 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional, en colaboración coa Inspección de Traballo, levaron a cabo unha operación nunha empresa de limpeza e mantemento en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), no marco dun suposto caso de "abuso laboral", a raíz do cal detiveron o xerente e investigan unha familiar.

Segundo informou a Policía Nacional, o xerente da empresa foi detido como presunto autor dun delito contra os dereitos dos traballadores. O home é veciño de Vilagarcía, de 41 anos de idade, e conta con antecedentes policiais. Ademais, hai unha muller investigada, pero non detida, matizou a Policía, polos "mesmos feitos delituosos".

A investigación comezou a principios do mes de xaneiro, ao ter coñecemento das "posibles irregularidades laborais que podería estar a cometer unha empresa de mantemento e limpeza", relataron as mesmas fontes policiais. As declaracións de traballadores actuais da empresa "evidenciaron o abuso laboral ao que eran sometidos os empregados", destacou a Policía, que puntualizou que "non posúen contrato de traballo e a día de hoxe non lle pagaron nada".

Por todo iso, e tras levar a cabo unha inspección en colaboración co Ministerio de Traballo, os axentes policiais detiveron este individuo que figuraba como xerente da empresa por un delito contra os dereitos dos traballadores. Ademais, unha familiar súa foi investigada dada a súa participación nos feitos denunciados.

Coche da Policía Nacional. ARQUIVO
Coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cigano enterao

Contrato teñen, porque o contrato xurde co prestación de servizos de maneira persoal, retribuida, dependente, voluntaria e por conta allea. Outra cousa diferente é que estes traballadores non estean dados de alta na Seguridade Social, ou non consten por escrito as condicións de traballo, pero insisto, contrato teñen. Aínda que sexa un contrato verbal. Algo que o propio ordenamento laboral permite. Se non tiveran contrato, non se lle podería esixir nada ao empresario (agás no caso dunha relación mercantíl)