Queren converter o Golfo Ártabro nunha zona de especial protección para as aves

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), co apoio da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, impunsal este proxecto.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/03/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), co apoio da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, porá en marcha un proxecto para a protección do espazo mariño do Golfo Ártabro. Segundo informa, será a través da figura dunha zona de especial protección para as aves.

A proposta desta figura, pretende, segundo explica, "promover e reforzar un modelo de xestión pesqueira, acuícola e marisqueira exemplar, innovador e sustentable económica, social e ambientalmente".

Ademais, pretende impulsar propostas de xestión e planificación marítima e litoral compatibles coa conservación da biodiversidade deste territorio, especialmente para as súas poboacións de aves.

O proxecto 'Aves Ártabras' ten como finalidade identificar impactos, oportunidades, problemáticas e interaccións entre as aves mariñas deste golfo e o seu ámbito de actividade.

O Golfo Ártabro constitúe un espazo mariño conformado pola confluencia das rías da Coruña, Ares, Betanzos e Ferrol, cunha extensión mariña de 115 quilómetros cadrados e 16 concellos litorais.

Vita do Golfo Ártabro
Vita do Golfo Ártabro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta