Sempre estades aí

21.983. Nunca unha formación política acadara tal número de votos na nosa cidade. O PP confiaba na gran vitoria de Mariano Rajoy, pero aquí existía unha obriga especial, que o municipio do novo presidente lle brindara tamén ese triunfo coa mesma ou superior contundencia que o resto de España. Así foi: España é popular, Galicia é popular e Pontevedra, hoxe tamén, é popular. En realidade, xa o era, pero agora en termos de maioría absoluta.

Por Telmo Martín | Pontevedra | 21/11/2011

Comparte esta noticia

A vida, ás veces, compénsache de momentos máis difíciles. E neste caso, faino con nomes e apelidos, os dos miles de militantes e simpatizantes do Partido Popular de Pontevedra. Na campaña había unha débeda pendente, o agradecemento que merecía este grupo de incondicionais, eses que sempre están aí, nas vitorias amargas, como a obtida no mes de maio, e nas vitorias con maiúsculas, como a de onte. Esas “gracias”, que en maio só puideron transmitirse a través dos medios de comunicación, esta vez se deron cara a cara, como tiña que ser.

Se fronte aos golpes que cada un recibe hai que responder con traballo, traballo e máis traballo, hoxe é un deses días que compensan con creces ese esforzo. O agradecemento era por estar sempre aí, por non abandonar en ningún momento ao partido, como volveu a ocorrer onte con máis forza que nunca. A débeda, hoxe renovada, haberá polo tanto que seguir pagándoa, neste caso con toda a enerxía posible no Congreso dos Deputados.

Unha vez máis, gracias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA