Mobilizados medios de extinción por un incendio nunha fábrica de taboleiros en Betanzos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencia foron mobilizados para a extinción dun lume que se propagou nunha fábrica de taboleiros situada na estrada de Santiago ao seu paso pola localidade coruñesa de Betanzos.

Segundo informou o 112 Galicia, ningún do nove operarios que realizaban o seu traballo no momento de producirse o incendio resultou afectado. No entanto, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por se nalgún momento fose necesaria a súa intervención no lugar do incendio.

Segundo a información facilitada ao 112 o incendio está controlado. Debido a este lume ardeu madeira acumulada en diversos carros sen afectar a nada máis, concretaron as mesmas fontes.

Ás 6,15 horas deste venres o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio. A partir de aí, alertou aos Bombeiros de Betanzos que traballan nas tarefas de extinción. Así mesmo, desprazáronse ata o lugar axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Ademais de pór en alerta aos servizos sanitarios, por precaución, os xestores do 112 tamén informaron os feitos ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta.

Bombeiros traballando nun lume
Bombeiros traballando nun lume

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta