Investigan a dous homes por lumes de menos de 0,3 hectáreas en Manzaneda causados por queimas

Un deles tiña autorización e outro non. Tamén está imputado outro en Trazo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/03/2019 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Pobra de Trives (Ourense) tomou declaración en calidade de investigado a un septuaxenario como presunto autor dun incendio forestal na localidadn ourensá de Manzaneda causado por unha queima non autorizada.

Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración a J.B.P., de 74 anos e veciño de Manzaneda, como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o pasado 23 de marzo en Escourrido (Manzaneda), que afectou a 0,3 hectáreas de monte baixo.

O septuaxenario foi observado por un axente forestal do distrito 13 de Valdeorras "cando realizaba unha queima de aproveitamento de pastos para gando", concretaron as mesmas fontes, que engadiron que o home "non tiña autorización para realizar a queima".

OUTRO INVESTIGADO

Ademais, o Servizo de Protección da Natureza tomou declaración en calidade de investigado a D.A.P., de 35 anos e veciño de Manzaneda, como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia ocorrido o 24 de marzo na Reigada, tamén en Manzaneda.

Neste caso, o lume afectou a 0,22 hectáreas de monte baixo. Neste caso, asegurou a Benemérita, o veciño tiña autorización para realizar a queima.

As dilixencias instruídas en ambos os casos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Trives (Ourense).

fume nun incendio
fume nun incendio

IMPUTADO

Por outra banda, a Policía Autonómica imputa a autoría dun incendio forestal no lugar de Igrexa, situado no Concello de Trazo (A Coruña), a un home que realizaba unha queima de restos agrícolas sen as medidas de seguridade que establece a lei.

Segundo informa este venres a Xunta a través dun comunicado, o incendio produciuse o pasado 22 de marzo e a superficie afectada foi de 0,63 hectáreas de monte.

Un total de 20 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais no que vai de campaña de loita contra os incendios forestais, segundo destaca o Goberno galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta