A idade laboral en Galicia tamén envellece, ata situarse nunha media de 43 anos

As mulleres teñen máis taxa de parcialidade nos contratos que os homes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A idade media dos asalariados galegos incrementouse en catro anos na última década, xa que en 2008 situábase en 39,4 anos de media na Comunidade galega. O feito é que os 43,4 anos en Galicia é case un ano por encima da media española (42,6 anos).

Manifestación en Santiago polo 8M. EUROPA PRESS - Arquivo
Manifestación en Santiago polo 8M. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Ademais, a idade media dos asalariados galegos foi en aumento desde o ano 2007. Ata 2014 a dos homes estaba por encima das mulleres, pero desde entón houbo un cambio. De tal forma a poboación masculina con salario é na actualidade de 43,2 anos de media, menos que os 43,6 anos entre o sexo feminino.

PARCIALIDADE

Por outra banda, a taxa de parcialidade das mulleres galegas cuadriplica á dos homes, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). No ano 2018 en Galicia, só o 6,3% dos homes tiña xornada parcial, mentres que a porcentaxe no caso das mulleres está 18 puntos por encima e sitúase no 24%.

O feito é que a taxa de parcialidade en Galicia incrementouse en catro puntos na última década ata alcanzar o 15,1%, o que supón 0,7 puntos por baixo da media española. Nos últimos anos de crise económica houbo un gran aumento porcentual na taxa de parcialidade entre os máis novos (de 16 a 24 anos), ao pasar do 15% en 2005 ao 33,5% en 2018. Entre os 25 e os 54 anos tamén se elevou en 4,5 puntos porcentuais ata alcanzar o 14,6%.

Na actualidade, o 73,4% da poboación asalariada ten contrato indefinido. Aquí, as mulleres tamén teñen unha taxa de temporalidade (do 27,5%) por encima dos homes (25,6%). Hai un repunte xeneralizado dos contratos temporais desde 2013.

En mozos ata 24 anos a taxa de temporalidade é moi elevada, do 71,4%. En cambio, en maiores de 55 anos esa taxa é a máis baixa, do 10,2%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta