Prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido tras apuñalar á súa muller en Betanzos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O xulgado decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido o mércores pasado despois de apuñalar á súa muller na localidade coruñesa de Betanzos.

Así o confirmou o Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) tras pasar o detido na mañá deste venres a disposición xudicial nos xulgados de Betanzos.

Ademais, o xulgado decretou para o home a prohibición de achegarse a menos de 500 metros da vítima e de comunicarse con ela por calquera medio postal ou telefónico.

A Garda Civil detivo o pasado mércores ao home por apuñalar no abdome, preto do corazón, á súa muller, polo que a vítima tivo que ser hospitalizada, relataron fontes próximas á investigación.

O home, que presentaba uns arañazos na cara, foi detido por un delito de violencia de xénero e posto este venres a disposición xudicial, engadiron as mesmas fontes.

Coche da Policía Nacional. ARQUIVO
Coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta