O conselleiro de Economía critica as medidas "parciais" propostas polo Goberno central sobre Alcoa

Francisco Conde, lamentou que o importe de 90 millóns de euros proposto para as axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2 suporía "unha redución do 40 por cento" do orzamento destinado en 2018.

Por E.P. | VIGO | 29/03/2019 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, criticou as medidas "parciais" propostas polo Goberno central para dar solución á crise de Alcoa, que expuxo un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) debido á carestía da enerxía, e recriminoulle a diminución do importe destinado a axudas para empresas electrointensivas.

Preguntado polos medios durante unha visita a Mos (Pontevedra), o titular autonómico de Economía lamentou que o importe de 90 millóns de euros proposto para as axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2 suporía "unha redución do 40 por cento" do orzamento destinado en 2018.

Así mesmo, Conde avogou por que o Executivo central elabore un proxecto "conxunto" de medidas e criticou que só realizase "análises parciais" que, ao seu xuízo, non garanten que as empresas electrointensivas poidan ofrecer un produto competitivo. Neste sentido, resaltou a necesidade dunha "visión conxunta" dos ministerios de Transición Ecolóxica, Industria, Comercio e Turismo; e Facenda para dar resposta a esta situación.

Nun contexto marcado pola manifestación dos traballadores das plantas de Avilés e A Coruña celebrada este xoves fronte ao Congreso dos Deputados, o conselleiro volveu ha instar ao Goberno central a "rectificar" a súa postura e sinalou que non percibe "unha reacción" pola súa banda ante este problema. Ademais, insistiu na importancia de dar unha solución que permita que as empresas electrointensivas poidan afrontar o custo da enerxía e ser competitivas no mercado europeo.

Esta semana a Xunta presentou distintas alegacións ao Estatuto de Consumidores Electrointensivos do Executivo que dirixe Pedro Sánchez entre as que se inclúen a categorización das empresas de acordo co seu nivel de consumo, a redución fiscal e o descenso das peaxes de acceso na parte do custo de transporte.

Francisco Conde
Francisco Conde | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta