Temas: BOIRO INCENDIOS

A superficie queimada polo lume no incendio de Boiro supera as 95 hectáreas

Este incendio forestal, que se iniciou ás 23,41 horas do xoves na parroquia de Lampón, quedou controlado ás 15,15 horas deste venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A superficie queimada polo incendio forestal declarado na noite deste xoves no termo municipal de Boiro (A Coruña), que quedou controlado este venres, ascende a 95,73 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, do total de 95,73 hectáreas calcinadas por este lume, cinco son de superficie arboredo e 90,73 de monte raso.

Este incendio forestal, que se iniciou ás 23,41 horas do xoves na parroquia de Lampón, quedou controlado ás 15,15 horas deste venres.

No control deste lume traballaron un técnico, nove axentes, 12 brigadas, sete motobombas, unha pa e tres helicópteros.

Incendios
Incendios | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Temas: BOIRO INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta