Temas: BOIRO INCENDIOS

Extinguido o incendio de Boiro no que arderon 96 hectáreas

Nos traballos de extinción participaron un técnico, nove axentes, 13 brigadas, oito motobombas, unha pa e tres helicópteros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio que afectaba o Concello de Boiro (A Coruña) desde a medianoite do xoves quedou extinguido ás 19,30 horas da tarde deste venres.

Lume de Rianxo e Dodro
Lume de Rianxo e Dodro | Fonte: Miguel Núñez

A superficie afectada, segundo as últimas estimacións provisionais, ascende a 95,76 hectáreas, das que cinco foron de monte arboledo e o resto de monte raso.

Nos traballos de extinción participaron un técnico, nove axentes, 13 brigadas, oito motobombas, unha pa e tres helicópteros.

Temas: BOIRO INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta