A ministra María Luisa Carcedo afirma que se está a traballar "ata o límite" para evitar deslocalizacións de Alcoa

A ministra de Sanidade, lembrou que o prezo da industria electrointensiva está na media europea, polo que o máis importante é rebaixar o prezo da electricidade a pequenas e medianas empresas e á cidadanía en xeral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

A ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, indicou que o Goberno está a traballar "ata o límite das súas capacidades" para evitar que Alcoa se deslocalice de Asturias e Galicia.

Nunha visita á localidade de Villaviciosa (Asturias), Carcedo lembrou que no Consello de Ministro deste venres se aprobou a convocatoria para a concesión de 91 millóns de euros en subvencións á industria electrointensiva, que trata de compensar os custos de emisións indirectas de dióxido de carbono (CO2) nos que incorreu no ano 2018.

A ministra sinalou que se trata dunha cifra "sen precedentes" e cun 20% que "vén para Asturias". Nese sentido, lembrou que o prezo da industria electrointensiva está na media europea, polo que indicou que o máis importante é rebaixar o prezo da electricidade a pequenas e medianas empresas do mesmo xeito que á cidadanía en xeral.

Doutra banda, defendeu que o Executivo central está a traballar "ata o límite das súas capacidades" para que esta empresa non se deslocalice de Asturias e Galicia "e ofrecendo as posibilidades de axudas e de infraestruturas para que poida ser competitiva no noso país". Para finalizar, destacou o esforzo "sen precedentes" da ministra de Industria, Reyes Maroto, para evitar unha deslocalización industrial no noso país

A ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, e o conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña. XUNTA
A ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, e o conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta