Temas: FOGAR IGE ENQUISA

O IGE inicia este luns a recollida de datos en máis de 9.000 vivendas para elaborar a enquisa estrutural a fogares

O Instituto Galego de Estatística (IGE) comunicará aos interesados a obrigación que teñen de facilitar os datos, tal como establécese na Lei de Estatística de Galicia e que garante a confidencialidade de todos os datos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Estatística (IGE) comeza este luns o proceso de recollida de información en máis de 9.200 vivendas galegas para a próxima edición anual da enquisa estrutural a fogares, que finalizará no mes de xuño e cuxos resultados estarán listos en decembro. Esta enquisa, de carácter oficial, realízase desde o ano 1999 e o seu obxectivo principal é o estudo das características socioeconómicas e as condicións de vida dos fogares galegos, segundo explicou a Consellería de Facenda nun comunicado.

"O traballo de campo consistirá na recollida de información sobre unha mostra aleatoria de 9.216 fogares repartidos por toda Galicia. Aos entrevistados realizaránselles preguntas relativas á idade, o nivel de estudos, a situación laboral, os ingresos e gastos do fogar e a privación material", indicou a Xunta. Ademais, este ano inclúese no cuestionario un módulo específico de benestar desde a perspectiva do capital social. En total, está previsto que nesta enquisa participen preto de 23.000 persoas.

As vivendas seleccionadas recibirán unha carta na que se lle comunicará aos interesados a obrigación que teñen de facilitar os datos, tal como establécese na Lei de Estatística de Galicia, normativa que, así mesmo, garante a confidencialidade de todos os datos que sexan proporcionados. En concreto, os datos obtidos están protexidos polo segredo estatístico e tan só pódense utilizar cunha finalidade estritamente estatística.

Interior dunha vivenda
Interior dunha vivenda | Fonte: AXM

Temas: FOGAR IGE ENQUISA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta