A CIG anuncia unha manifestación contra o "deserto industrial" ao que "se aboca" Galicia

A protesta será o 10 de abril. Reclama que se rebaixe o prezo de enerxía para electrointesivas e que se modernice Navantia Ferrol coa construción de fragatas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2019 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Delegados da CIG manifestaranse o 10 de abril en Santiago, desde a Facultade de Dereito (sairá ás 12,00 horas) ata a Xunta, para denunciar o "deserto industrial" ao que "se aboca" a Galicia. Esta protesta concluirá ante a Consellería de Economía, Industria e Emprego, en San Caetano, tras unha asemblea da delegados do sindicato que comezará en Dereito ás 10,00 horas.

A CIG manifestarase o 10 de abril ante a Xunta
A CIG manifestarase o 10 de abril ante a Xunta | Fonte: E.P.

En rolda de prensa, o secretario nacional de CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, alertou de "unha perda importantísima" de carga de traballo industrial en sectores como as electrointensivas, naval e automoción, que "se están deixando morrer" mentres as administracións galega e central non ofrecen alternativas.

Un dos datos que esgrimiu é que antes o emprego na industria supuña un terzo do total de traballos en Galicia, mentres agora baixou ata só ser un cuarto. Por iso, a CIG reclama políticas para reducir os custos enerxéticos, dotar de maior estabilidade aos persoais en contra da precarización, así como pór recursos en favor da innovación e a formación.

ANÁLISE POR SECTORES

De tal forma, a CIG fixo unha radiografía dos principais sectores da industria galega. Sobre o naval, Bouzas apunta: "Din que está a mellorar, pero entendemos que non". Explica que actualmente hai 3.000 postos de traballo entre Ferrol e Vigo cando antes eran sobre 18.000.

Respecto da recente aprobación do Goberno da execución das fragatas F-110 en Navantia, critica que se está "dilatando" o comezo, polo que "preocupa" que entre a firma do convenio e comezar a cortar chapa "van pasar moitos meses", o que provoca "un baleiro" e un "baixón importante" de emprego proximamente. Ademais, avisa de que esa construción debe ir "ligada" á modernización de Navantia Ferrol, xa que coas súas actuais instalacións "non pode competir con outras partes do mundo". A isto únese que se abandonou Navantia Fene para a construción civil.

No naval de Vigo, o secretario nacional de CIG-Industria refírese ao concurso que pesa sobre Vulcano e ás dificultades para que Barreiras vaia a ter carga de traballo nun futuro "próximo", tras as promesas incumpridas con Pemex de que ía facer " non sei cantos floteles". 

DESAPARICIÓN DAS ELECTROINTENSIVAS

Pola súa banda, Xullo Moskowich, delegado da CIG na planta de Alcoa A Coruña, pon o foco en que se está producindo a "desaparición" da industria electrointensiva tal e como se coñecía desde "hai 50 anos". Resume que está parada a electrolisis na planta coruñesa de Alcoa, mentres hai un "grave risco" para a fábrica de San Cibrao, Cervo (Lugo), desta multinacional estadounidense. Ademais, as plantas de Ferroatlántica de Cee e Sabón teñen tamén inactivas parte da súa produción. Ademais, quéixase de que "vaian pechar industrias" en Galicia por un problema de prezos de enerxías, mentres a Comunidade exporta o 40% do que produce.

Todo iso, mentres o Goberno só fai "propaganda" e reprocha que o borrador de estatuto das electrointensivas "o único que ten de estatuto é o nome". Moskowich chama a ir á "raíz" do problema, como é o prezo da enerxía. Pon de exemplo que a fábrica coruñesa de Alcoa pasou de pagar 54 millóns en 2013 de electricidade a uns 100 millóns en 2018.

PRECARIZACIÓN NO SECTOR AUTOMOBILÍSTICO

A responsable de automoción da CIG, María Xosé García, fai fincapé no aumento da precarización con aumento de flexibilización de xornadas pormanifestarase contra o menores soldos. Critica a falta de formación a nivel público e en empresas, así como a ausencia de políticas para rexuvenecer persoais.

María Xosé García reflexiona sobre a necesidade de que a planta de PSA Citroën de Vigo aposte pola construción de vehículos eléctricos, xa que a UE "está a pedir motores eléctricos", pois xa observa impactos en baixadas de produción. "Non queremos ser un país de servizos, queremos ser un país industrial", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ricardo R.

Como todo el mundo sabe, la CIG es un gran generador de empleo... para sus líberados sindicales

1 Caras

Como todo o mundo sabe, a CIG defende os postos de traballo e as melloras laborais de todas as galegas e galegos, inclusive o teu.