Temas: MORTE ESTRADAS

Aumenta o número de falecidos nas vías interurbanas de Galicia

21 persoas falecidas no que vai de 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2019 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O número de falecidos en accidentes de tráfico nas vías interurbanas de Galicia aumentou no primeiro trimestre do ano un 16,7%, con 21 persoas falecidas no que vai de 2019. Segundo os datos do Ministerio de Interior, ata marzo houbo 21 accidentes mortais e 21 falecidos, o que supón, en ambos os casos, un 16,7% máis en comparación cos 18 do mesmo período do ano anterior.

Falece un bebé dun ano nun accidente de tráfico en Peralta (Navarra). Policía Foral
Falece un bebé dun ano nun accidente de tráfico en Peralta (Navarra). Policía Foral | Fonte: Europa Press

Por provincias, oito das vítimas sufriron un accidente na Coruña, mentres que Lugo e Ourense saldáronse con catro falecidos cada unha, que se suman ao cinco de Pontevedra.

Só no mes de marzo, oito persoas perderon a vida nas estradas interurbanas, a mesma cifra que no terceiro mes de 2018, sendo Ourense a provincia con máis vítimas, con ata tres casos, seguida da Coruña (2), Pontevedra (2) e Lugo (1).

Por tipos de accidente, catro persoas morreron tras chocar co seu vehículo, mentres que dous individuos faleceron tras ser atropelados, unha persoa morreu despois de envorcar co seu turismo e noutro tipo de sinistro perdeu a vida unha vítima.

Ademais, todas as persoas que morreron nas estradas galegas no terceiro mes de 2019 superaban os 25 anos. Dúas delas tiñan entre 25 e 35 anos; outras dúas, entre 36 e 45; unha, entre 46 e 55; outra vítima situábase no rango de idade de entre 56 e 65, e dous falecidos superaban os 65 anos.

No mes de xaneiro morreron nas estradas de Galicia catro persoas, mentres que febreiro é, de momento, o mes con máis vítimas mortais nas vías interurbanas, con nove falecidos.

Temas: MORTE ESTRADAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pero Catarro

Igual que en Francia. Foi baixar a velocidade e aumentar os accidentes...