VÍDEO: así foi o rescate dunha familia no faro de Montelouro tras un accidente no que morreu o pai

Por Galicia Confidencial | Muros | 02/04/2019 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O servizo de Gardacostas de Galicia publicou o vídeo da evacuación realizada na tarde do pasado domingo no faro de Montelouro (Muros).

Rescate dunha familia no faro de Montelouro
Rescate dunha familia no faro de Montelouro | Fonte: Gardacostas de Galicia.

O equipo do helicópetero 'Pesca 1' foi mobilizado polo 112 Emerxencias Galicia para evacuar unha familia dunha zona escarpada e de difícil acceso. Foron rescatadas tres persoas con vida (nai e fillos) e o corpo do pai, que desafortunadamente faleceu despois de caer desde unha grande altura mentres practicaba “rapel”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta