Cal é a multa por correr nunha autovía a case 250 quilómetros por hora?

O xulgado de Ourense xa ten sentenza os condutores interceptado a 237 quilómetros por hora pola autovía A-52 ao seu paso polo municipio de Allariz.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2019 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O xulgado condenou a oito meses sen carné e a 1.500 euros, a razón de oito euros diarios durante seis meses, a un home interceptado cando conducía a 237 quilómetros por hora pola autovía A-52 ao seu paso polo municipio de Allariz (Ourense).

Segundo informaron fontes xudiciais, a condena foi decretada polo xulgado en virtude dun acordo de conformidade alcanzado este martes.

A Garda Civil de Ourense interceptou na mesma tarde do pasado xoves dous vehículos na autovía A-52 ao seu paso polo municipio de Allariz (Ourense) a 237 e 246 quilómetros por hora, a pesar de estar limitada a velocidade a 120 km/h.

En concreto, o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense detectou ás 18,46 horas do pasado xoves á altura do quilómetro 207 un turismo BMW 235 que circulaba a 237 quilómetros por hora. Posteriormente, ás 19,25 horas un AUDI A6 foi interceptado a 246 km/h.

Ao tratarse dun tramo de vía interurbana e superar o límite de velocidade en máis de 80 quilómetros por hora, ambos os condutores foron investigados como posibles autores de senllos delitos contra a seguridade viaria. En ambos os casos instruíronse dilixencias que se enviaron a un xulgado de Instrución de Ourense.

Radar Fixo
Radar Fixo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta