Unidas Podemos compara a "droga letal" das casas de apostas coa heroína nos anos 80

Yolanda Díaz defende as medidas restritivas que propón o seu partido para este sector, ante o auxe da ludopatía.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 02/04/2019 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, comparou este martes o problema social xerado polas casas de apostas, ás que cualificou de "droga letal", coa crise social que xerou a heroína nos anos 80.

Yolanda Díaz responsabiliza a Villares de 'non querer negociar' e de 'andar romp. EN MAREA - Arquivo
Yolanda Díaz responsabiliza a Villares de 'non querer negociar' e de 'andar romp. EN MAREA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Tras participar nun acto de UGT e CC.OO. en Madrid, Díaz sinalou que calquera que viva nun barrio coñece o problema social que xera este tipo de establecementos, polo que apostou por medidas restritivas como prohibir que se publiciten ou impedir que abran as súas portas antes das 22,00 horas.

Díaz defende así as medidas que anunciou este martes a formación morada, que pretende pór cerco ao auxe deste tipo de establecementos porque "supoñen un perigo para a saúde pública" en xeral e particularmente "para as clases humildes do país".

Así mesmo, explicou que a ludopatía está a causar un dano "brutal" en barrios, parroquias e zonas rurais (grazas a Internet), e por iso avogou por tomar medidas "en serio". Ao seu xuízo, circunscribir o seu uso á noite retardará o seu auxe, pero matizou que a medida máis relevante sería prohibir a súa publicidade.

Neste sentido, lembrou que xa no acordo de Orzamentos do Goberno coa formación morada, pedían esa prohibición, "como se fai con drogas, tabaco e alcol". Ademais, recalcou que se trata dun problema de primeira magnitude porque "hai miles de familias afectadas pola ludopatía".

Díaz resaltou ademais que Unidas Podemos quere protexer os barrios dos fondos voitre que son, di, os propietarios das casas de apostas e que fan un "enorme negocio" á conta da saúde pública e da xente nova.

"Eses fondos deben ser gravados de forma severa tributariamente porque teñen beneficios obscenos", engadiu, para acto seguido sinalar que o gasto en xogo pasou de 12.000 a 23.000 millóns nun ano.

Unidas Podemos propón ademais de que os locais de xogo abran a partir das 22,00 horas, medidas como que coloquen cartelaría advertindo sobre os perigos da ludopatía, establecer límites de gasto, limitar a súa proximidade a centros escolares e acabar con reclamos como bonos de benvida ou comida e bebida máis barata.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

xa que agora se presenta por Pontevedra... alguén debera preguntarlle tanto a Yolanda coma a Rubén Pérez que pensan facer ante o novo pelotazo urbanístico que se está a perpetrar en plena campaña electoral en VIGO https://flic.kr/p/29jMB28 Seica imos camiño do Vigo do Formigón (coma nos tempos daquel alcalde infausto de nome Portanet que encheu de formigón a cidade para 40 anos !!!) DEZ ALTURAS Jove !!! (quen a ten máis longa?)

1 Gamela

O desembarco de Jove en Vigo ten unha folla de ruta avasalladora : Hotel Samil (10.000 m2 regalados por dous millóns que logo de 25 anos conventiránse en propiedade privada!) O pelotazo do Barrio do Cura (56.000 m2 no corazón do Casco Vello, nove alturas a carón das casas antigas reconstruidas ao longo de máis de 15 anos conservando minuciosamente alturas e materiais históricos!) Agora chuparán a sombra do novo MegaProxecto !!! E Cordelerías Mar con Dez Alturas será unha pantalla de formigón para sempre !!! https://i.gal/VigoDenuncia O silencio de EnComún-Unidas-Podemos é o mesmo silencio que sostivo a Marea de Vigo cando Abel Caballero SUBASTOU 40 pisos de propiedade municipal sen que ninguén abrira a boca !!! (e logo non temos casas para as familias desafiuzadas?)