Empresarios galegos reclaman solucións ao Goberno ante o "baleiro industrial" ao que "aboca" a Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2019 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A confederación de empresarios de Galicia (CEG) reclama "solucións inmediatas" ao Goberno central para reverter a situación de "baleiro industrial" á que "está a abocar" á comunidade. A través dunha nota de prensa, a patronal galega pide medidas ante a "incerteza" que afecta as empresas relacionadas coa industria electrointensiva e á pasteira Ence en Pontevedra. O actual panorama, advirte, mantén "en cuestión" a máis de 10.000 postos de traballo.

No comunicado, a CEG reclama que o estatuto fixe un marco eléctrico "xusto e estable", cun prezo competitivo da enerxía "que garanta a continuidade de emprego e actividade". "Só ante esta situación de certidumbre poderán chegar as ofertas para as plantas que están en risco en empresas como Alcoa, Ferroatlántica, Celsa, Megasa, Ence, Finsa, Intasa e Showa Denko Carbón, entre outras", indica. Para garantir a "viabilidade" destas empresas, é, subliña, "esencial" traballar de forma "inmediata" na procura da estabilidade do marco enerxético "e evitar así o baleiro industrial de Galicia".

ENCE

Respecto da situación de Ence-Pontevedra, "merece mención particular polo elevado número de postos de traballo tanto directos como indirectos (...) que están no aire se non se lle concede a prórroga para continuar coa actividade". O impacto do seu peche "non só tería repercusión económica na comarca e a provincia de Pontevedra, senón en toda Galicia", advirte. "O cambio de criterio do Goberno en canto á violación na defensa da prórroga concedida á empresa para seguir 60 anos máis non só afecta á continuidade de Ence senón que desmotiva a posibles investidores, tan necesarios nestes momentos", censura.

Rolda de prensa  da CEG
Rolda de prensa da CEG | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta