O Sergas destinará máis de 100.000 euros para apoiar a enfermos mentais e formar profesionais sociosanitarios

Este convenio tamén abarca a difusión de coidados de persoas que padecen trastornos deste tipo persistentes, o asesoramento xurídico a enfermos e familiares.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2019 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente da Federación de Asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental en Galicia (Feafes), José Ramón Girón, asinaron este martes dous convenios polos que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) destinará un total de 102.489 euros para actividades de apoio a enfermos mentais e aos seus familiares e para a formación continua dos profesionais dos centros sociosanitarios.

O primeiro dos acordos ten o obxectivo de desenvolver actividades de formación tanto dos doentes como dos seus familiares. Serán 84.000 euros para financiar cursos, seminarios e congresos ou a realización de xornadas de sensibilización para pacientes, profesionais e coidadores.

Este convenio tamén abarca a difusión de coidados de persoas que padecen trastornos deste tipo persistentes, o asesoramento xurídico a enfermos e familiares e un servizo continuado de estancias alternativas de lecer activo.

O segundo acordo asinado este martes, por unha contía de máis de 18.000 euros, será para, entre outros asuntos, desenvolver un programa de captación e atención precoz a familiares e coidadores nos primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente. Deste xeito, porase á súa disposición a alguén do movemento asociativo e un psicólogo para darlles apoio emocional.

O Sergas destina 102.000 euros a apoiar a enfermos mentais e familiares e a fo. XUNTA
O Sergas destina 102.000 euros a apoiar a enfermos mentais e familiares e a fo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta