Un novo atropelo deixa a un menor ferido nun paso de peóns na Coruña

O rapaz quedou ferido leve.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Un menor resultou ferido leve nun atropelo rexistrado nun paso de peóns na mañá deste mércores na cidade da Coruña, segundo informou a Europa Press a Policía Local.

O accidente produciuse sobre as 8,25 horas deste mércores na rúa Zalaeta en confluencia con Curros Enríquez, indicaron as mesmas fontes policiais.

En concreto, o atropelo tivo lugar nun paso de peóns que non está regulado con semáforo. O menor, de 12 anos, foi trasladado a un centro hospitalario con feridas de carácter leve.

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta