Extinguido o incendio forestal que queimou unhas 66 hectáreas en Verín

O incendio forestal declarado na noite do martes no municipio de Verín (Ourense) quedou extinguido na mañá deste mércores tras arrasar unhas 66 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, a superficie afectada por este lume situouse en 66,01 hectáreas, das cales 22,46 foron de monte arboledo e 43,55 de raso.

Este incendio quedou extinguido na mañá deste mércores tras estar controlado desde as 23,16 horas do martes despois de declararse ás 15,39 horas desa mesma xornada na parroquia de Vilamaior do Val.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta