José Manuel Barreiro chama "hipócrita" a Gonzalo Caballero polas súas declaracións sobre San Cibrao

Barreiro apuntou que "un sae máis preocupado do que estaba" despois de escoitar as palabras de Gonzalo Caballero, que cualificou de "unha covardía política tremenda".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

A cabeza de lista do Partido Popular ao Senado por Lugo, José Manuel Barreiro, cargou este mércores contra o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, ao que sinalou como  "hipócrita" e "irresponsable" por asegurar que a situación da planta de Alcoa en San Cibrao --Cervo (Lugo)-- é de "normalidade e futuro".

En declaracións aos medios este mércores, Barreiro apuntou que "un sae máis preocupado do que estaba" despois de escoitar as palabras de Gonzalo Caballero, que cualificou de "unha covardía política tremenda". "É un engano ao conxunto de toda a Mariña e aos traballadores", incidiu o exportavoz dos populares na Cámara Alta, que cre que as palabras "irresponsables" de Caballero "responden o estereotipo do Partido Socialista".

Así, comentou que o Goberno de Pedro Sánchez "só" achegou "palabras, palabras e palabras, pero ningunha solución" para garantir a continuidade das plantas de Alcoa en España. "Houbo outros momentos de crises en Alcoa, pero había outros gobernos", sinalou Barreiro, que lembrou que o expresidente Mariano Rajoy "entrevistouse o presidente mundial de Alcoa en Nuev York para solucionar os problemas".

Así as cousas, incidiu en que existen "indicadores de preocupación" entre a poboación de Lugo e a comarca da Mariña que cre "derivados dunha decisión do goberno" polo borrador do decreto das empresas electrointensivas.

Complexo industrial de Alcoa en San Cibrao. AXM
Complexo industrial de Alcoa en San Cibrao. AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta