Ciudadanos ve a creación de postos de traballo en Ence "compatible" cunha ría de Pontevedra "sa"

A candidata de Cs ao Congreso pola provincia de Pontevedra critica que se utilice esta cuestión de xeito "electoralista".

Por E.P. | VIGO | 03/04/2019 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de Ciudadanos ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Beatriz Piñeiro, considerou, en relación á presenza de Ence Enerxía e Celulosa en Pontevedra, que a creación de postos de traballo é "compatible" co mantemento dunha ría "sa".

Rolda de prensa de Ciudadanos en Vigo.
Rolda de prensa de Ciudadanos en Vigo. | Fonte: E.P.

Preguntada este mércores polos medios unha rolda de prensa en Vigo, Piñeiro reiterou, no entanto, que o seu partido esixe á pasteira "responsabilidade" pola súa "xestión ambiental" e criticou que membros doutros partidos políticos utilizasen este tema dun modo "electoralista". Sobre este punto, sinalou que a Ciudadanos "non lle gustou" o modo no que se produciu a prórroga da concesión a Ence, que tivo lugar durante o exercicio en funcións do Goberno de Mariano Rajoy en 2016. Deste xeito, ampliouse ata 2073, aínda que, en principio, finalizaba en 2018.

O pasado mes, o Estado desistiu de defender nos procedementos abertos na Audiencia Nacional a prórroga da concesión. A este respecto, os comités de empresa da fábrica e das oficinas centrais de Ence aseguraron que o Ministerio de Transición Ecolóxica lles indicou que o anterior Executivo aumentara o período da concesión sen informe xurídico previo da Avogacía do Estado e que, unha vez realizado, foi negativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta