Os colexios de enfermaría apoian o modelo de atención primaria de Sanidade

Representantes do Sergas reuníronse para analizar as alegacións propostas polo colectivo ao borrador do documento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade destacou o apoio do catro colexios de enfermaría de Galicia e da Asociación de enfermaría familiar e comunitaria (Agafec) ás propostas recollidas no documento presentado pola Administración galega sobre o modelo de atención primaria.

Nun comunicado, o departamento autonómico asegurou que así llo ratificaron responsables destas entidades durante un encontro celebrado este mércores, no marco das reunións para elaborar o novo plan para atención primaria.

Neste caso, os representantes do Sergas reuníronse para analizar as alegacións propostas por estes profesionais ao borrador do documento.

O conselleiro de Sanidade Vázquez Almuíña. RADIO GALEGA
O conselleiro de Sanidade Vázquez Almuíña. RADIO GALEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta