As xuntas provinciais desestiman a impugnación de En Marea contra o nome de En Común

O partido instrumental protesta polo uso do nome 'Mareas en Común' na denominación completa da candidatura de coalición En Común-Unidas Podemos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 03/04/2019 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

As xuntas provinciais galegas desestimaron o escrito de impugnación presentado por En Marea contra o uso das palabras 'Mareas en Común' no nome completo da candidatura da coalición En Común-Unidas Podemos para as xerais do próximo 28 de abril.

As xuntas da Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo emitiron senllas resolucións,, nas que rexeitan a reclamación de En Marea porque, segundo argumentan, a candidatura impugnada "é unha coalición válidamente constituída". En concreto, o partido instrumental protesta polo uso do nome 'Mareas en Común' na denominación completa da candidatura de coalición En Común-Unidas Podemos, que inclúe entre parénteses os nomes de Podemos, Esquerda Unida e Mareas en Común.

Mareas en Común está rexistrado no Ministerio do Interior desde agosto de 2018 como un partido político con sede en Sant Andreu de la Barca (Barcelona). O partido instrumental afirma que se trata dun partido "fantasma" e que a súa inclusión no nome da candidatura de En Común pode levar á "confusión" entre o electorado pola súa similitude con En Marea. O partido instrumental pode recorrer a decisión dos órganos provinciais ante a Xunta Electoral Central.

YOLANDA DÍAZ E VILLARES

A deputada e candidata de En Común-Unidas Podemos, Yolanda Díaz, e o portavoz de En Marea, Luís Villares, volveron este mércores a ter comentarios cruzados á conta da ruptura do espazo de confluencia e a ausencia dunha candidatura única para as eleccións xerais. Así, en declaracións aos medios no Congreso dos Deputados, Yolanda Díaz volveu a proclamar que "xa toda Galicia sabe que quen non quixo a unidade foi Luís Villares" e que o resto de formacións tentaron "unha candidatura única" ata o 14 de marzo.

A ese respecto, a deputada e candidata por Pontevedra puxo en valor as resolucións das xuntas electorais, que rexeitaron a impugnación de En Marea sobre o nome da candidatura da marca En Común-Unidas Podemos. Segundo apuntou, estas resolucións "falan por si mesmas" e pon de manifesto que "o traballo feito ata agora corresponde a estas deputadas", en alusión aos parlamentarios integrados no grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea. "Obviamente, dásenos a razón", subliñou.

Por outra banda, a preguntas dos medios sobre se os alcaldes das 'mareas' deben tomar partido nesta polémica e facer público a que formación apoian para as eleccións xerais, a candidata de En Común-Unidas Podemos afirmou que "os alcaldes deben respectar a institucionalidade" e "preservar a institución (das Alcaldías) da súa vida privada". A ese respecto, incidiu en que a Alcaldía, como institución, debe ser "preservada", do mesmo xeito que é "antidemocrático" facer campaña electoral "desde os ministerios".

Pola súa banda, cuestionado acerca destas afirmacións, á súa saída dunha reunión con profesionais sanitarios en Vigo, Luís Villares sinalou que En Marea está centrado en achegar solucións aos problemas dos cidadáns, e que, precisamente por iso, opúxose aos Orzamentos Xerais presentados polo goberno de Pedro Sánchez, porque, entre outras cuestións, "maltrataban" Galicia e a área de Vigo. "Outros agora terán que dar explicacións (de por que apoiaron as contas), xa que se presentan pola provincia de Pontevedra", engadiu, á vez que rexeitou valorar a posición dos alcaldes das 'mareas', porque "haberá que preguntarlles a eles".

28A.- En Marea e En Común-Unidas Podemos dispútanse ante a xunta electoral a. EUROPA PRESS - Arquivo
28A.- En Marea e En Común-Unidas Podemos dispútanse ante a xunta electoral a. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 enamorada

Gracias Señor Villares Por Salvaguardar El.Honor De Las Mareas Y Sus Horarios

1 Aburrides

Trols pontonistas e villaristas a ladrar en 3, 2, 1...

1 Claro que aburrides

Pois parece que aquí o único que ladra es ti... Serás un canciño amaestrado?