Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2019 | Actualizada ás 09:48
A presenza de neve na rede viaria obriga a circular con precaución na autovía A-52 na mañá deste venres no alto da Canda, na provincia de Ourense.
Así o confirmaron a Europa Press fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que concretaron que o aviso afecta á zona comprendida desde o quilómetro 112,5 e o 124 en ambos os sentidos.
Ademais, segundo os avisos da DXT, por mor da neve tamén se debe circular con precaución entre os quilómetros 42 e 51 da estrada N-541 á altura de Nogueira (Ourense).
Este venres as provincias de Ourense e Lugo, en especial a zona de montaña, teñen aviso amarelo por acumulación de neve, mentres que as da Coruña e Pontevedra, por fenómenos costeiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.