"Cómpre tender pontes no BNG máis que nunca"

Nesta entrevista, o alcalde de Teo e membro dos irmandiños chama ao Bloque a recuperar o papel de "casa común da esquerda e do nacionalismo" e fala daquela polémica "dieta de cloro e unto".

Por Walter Burns | Teo | 02/12/2011 | Actualizada ás 03:35

Comparte esta noticia

Unha pregunta moi faciliña para empezar, como fai o Bloque para deixar de perder electores en cada comicio que pasa?

Non sei se existen fórmulas máxicas pero para que iso aconteza o BNG debe recuperar o seu rol de ferramenta útil para o país. Proxectar unha mensaxe que recolla un común denominador no que as diferentes sensibilidades que configuran o Bloque poidan sentirse representadas, entender que o ollar dunha parte do BNG non pode ser o ollar colectivo do BNG, volver a converterse na casa común do nacionalismo e da esquerda e proxectar esa mensaxe ao conxunta dunha sociedade agredida pola oficina de demolición social e identitaria do señor Feijoo. Estou totalmente convencido de que existe unha maioría social agredida que está agardando a que iso se de para volver a confiar maioritariamente no BNG.

E inegábel que o BNG pasa por un momento no que súa imaxe pública está lastrada polas leas internas e os retrocesos electorais. Neste difícil panorama, que mensaxe lanzaría á militancia?

A pesar diso e a pesar dos retrocesos, a cidadanía está a soster esta organización, estalle a dicir que ten que asumir un punto de inflexión pero que é importante para o país. Temos que recuperar unha convivencia de partes, rematar co xogo perverso de maiorías e minorías, asumir a nosa responsabilidade colectiva na toma de decisións e acompañar coa nosa experiencia aos movementos sociais, dinámicos, transformadores e reivindicativos. Rematou o tempo das tutelas coa cidadanía. Cómpre encetar o tempo das sinerxias para transformar a realidade con todos e todas aquelas que queiran facelo.

Revalidar dous deputados pero perdendo case 30.000 votos cando o PSOE se afunde. Nunha escala de o a 10, que valoración lle daría aos resultados do Bloque o 20N?

Cualitativamente, pola importancia de manter a representación en Madrid sen intermediarios, polo feito de que iso permite manter unha organización ao servizo do pobo galego nun momento de avance da dereita e de recortes sociais eu daríalle un 5.

None

E cuantitavamente?

Cuantitativamente os resultados son malos, poderíamos falar dun suspenso, xa que perdemos 26.000 votos sobre o 2008, desapareceron os vasos comunicantes cos desencantados do PSOE e unha parte importante da cidadanía preferiu darlle o voto a forzas políticas sen posibilidade de obter representación (EU,Equo,etc) antes de darlla ao BNG.O problema aquí non foi o punto de chegada. O problema foi o punto do cal partíamos e porque non podemos nesta situación aspirar a ter uns mellores resultados.

"Abrirse a sociedade" e conquistar novos espazos electorais. Estas son dúas das frases que soan unha e outra vez entre os que defenden un cambio de rumbo no Bloque. Pero que significa en realidade "abrirse á sociedade"? Un Bloque máis próximo ao centro? Un Bloque que non use simboloxía marxista?

Eu coido que o discurso formal do BNG nos tempos que corren é correcto, lóxico e natural coa situación de agresión dos nosos dereitos individuais e colectivos. O problema está en que este discurso para amplos sectores activos da cidadanía carece de credibilidade. Son dos que pensan que o BNG non debe facer concesións ideolóxicas para aspirar a representar a unha maioría social de Galiza. Abrirse a sociedade, resintonizar a mensaxe e algo antitético a ensimesmarse. Coido que debemos ser conscientes de que iso debe ser unha das aspiracións. Recuperar credibilidade na reivindicación ética lastrada por determinados casos nos derradeiros anos que nos homologan ao resto das forzas tradicionais, decodificar o discurso para que chegue con claridade  a máis segmentos da sociedade, fuxir das tentacións de patrimonializar os movementos sociais, pelexar cando haxa que pelexa e falar cando toque falar.

Vostede é un dos alcaldes que logrou revalidar o goberno nas eleccións locais. Que conclusións da súa experiencia de goberno nun municipio cre que poden ser aplicábeis a un cambio de rumbo no Bloque?

O noso, o dos compañeiros e compañeiras de Teo, é un dos trinta exemplos que ten o BNG no país de que, sen facer concesións nun proxecto transformador coma este, pódese aspirar a gobernar para unha maioría social ampla.Apostar pola participación cidadán na toma de decisións, corresponsabilizar aos veciños nas conquistas e no público, apostar sen matices por un posicionamento ético e honesto son tan só varios dos moitos motivos que fixeron posible o troco en Teo e un goberno de maioría absoluta despois de catro anos de goberno en minoría.

Algún militante do BNG pode pensar, "por que ten máis valor o que digan os alcaldes que o que opine eu sobre o futuro da fronte". Que lle contestaría?

Contestaría que non ten máis valor o que opine un alcalde do BNG que o que opine calquer militante de base da organización. Se hai militantes de base nas organizacións eses son tamen os alcaldes, como representantes públicos nas trincheiras locais. Outras cousa é a representatividade social que os referentes municipais do BNG poden ter diante da cidadanía.

A UPG sinalou á falta de cohesión interna como un dos factores que puido contribuír á que non se sumaran novos electores nestas xerais. Cre que o manifesto de alcaldes que presentaron no verán tivo unha repercusión negativa nos comicios do 20N?

Coido que moitos están instalados permanentemente no inimigo exterior e que non se decatan de dinámicas que poden ser positivas para o BNG. Algúns sectores da fronte viron nas nosas verbas unha ameaza. Nós o único que intentamos enviar a sociedade foi un berro de esperanza. A maioría da cidadanía coido que así o percibiu. Unha parte importante do BNG tamén.

Ese manifesto encendeu un debate interno no Bloque, que se apagou de portas para fóra en canto ZP convocou o 20N. Con todo, Bautista Álvarez, referente da UPG, publicou un artigo no que cargaba moi duramente contra vostedes. Textualmente dicía que cómpre "máis cloro e menos unto". Como lle sentou aos alcaldes esta declaración?

A maioría dos Alcaldes temos a esperanza de que esas verbas non sexan representativas dun sentir maioritario na organización, aínda que sexan expresadas por un dos referentes do nacionalismo galego contemporáneo como foi e é Bautista Álvarez. Non entenderíamos que a nosa propia organización chegase a conclusión de que aos seus referentes institucionais, que en moitas ocasións dan a cara diante da cidadanía, houbera que ofertarlle unha dieta de cloro e unto, bastante indixesta por certo.

Na próxima Asemblea Nacional farán falta políticos que saiban tender pontes entre as correntes e sexan capaces de transmitir á militancia esperanza e unidade. Ten Martiño Noriega algunha desas cualidades?

Non me gusta falar de min mesmo pero si algo levo facendo dende hai 17 anos no BNG é tendendo pontes. Esta vez iso vai ser máis necesario que nunca e eu alí estarei. Tender pontes non debe confundirse con ser submiso. Debe entenderse coma  un exercicio no cal sistematicamente poste na opinión dos demais sabendo que a túa non é a opinión única.

E Martiño Noriega imaxina algunha vez un futuro político á marxe do Bloque?

Traballo cada día dentro e fóra da organización para que iso non aconteza. Entendo que como proxecto colectivo de case que trinta anos de vida estamos nun momento no que debemos estar a altura da historia e do que agarda de nós a sociedade galega. Desgraciadamente, a miña opinión é unha máis no conxunto da militancia. Do que si estou convencido e que agora é innegociablemente o momento desta. Do conxunto dos homes e mulleres do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

30 FgojPoZAVHN

Paki, aunque con retraso, te comunico que todos los que lo solicist teis a trav s de los coemntarios est is admitidos/as http://www.remedynextday.com/ http://www.findyourcarinsurance.net...

29 zNTMrjVBuH

Juan Luis desde os anos corenta do seculo pasado utilizase o caucho sintetico ( do petroleo) como di Ruben. ¿De onde procederian as algas?¿Serven todas as especies? http://www.findremedyfast.com/ http://www.locateautoinsur.com/

28 Pilar

Quería facer unha pregunta.Realmente a xente que se dedica a política de maneira profesional interésalle explicarse de tal forma que a xente os entenda? e de que che chamen as cousas polo seu nome?.Por eso é por donde o meu entender deberían de empezar.Empecen pola "decodificación". Graciñas e un saúdo

27 cansendono

Vóuvos dicir unha cousa, coa liberdade e a absoluta independencia que me da o non ser militante de ningún grupo político nen ter intereses personais nen de ningún outro tipo na política chamada institucional ou partidista: se os que teñen a tixola polo mango no BNG consinten ou forzan, por acción ou omisión, unha escisión ou a exclusión de calquera agrupación significativa de militantes, cualitativa ou cuantitativamente, serán responsables históricos perante o pobo galego. Galicia non pode permitirse unha nova división no seo do nacionalismo porque, por se ninguén se decatou, non hai masa crítica para soster outro proxecto político distinto do que para moitos representa o Bloque. Espero que se teña en conta isto.

26 balbino

As liortas que están a acontecer no BNG son só entre o 20% da militancia. Non debemos esquecer que aproximadadamente tres de cada catro militantes non están adscritos a ningunha corrente, e despois do escoitado na asemblea comarcal de Vigo, e as ovacións recibidas a prol das intervencions independentes rifando aos actuais líderes das distintas correntes, deduzo que se Teresa Taboas se presenta como candidatura independente, arrasará, e será o rexurdir do nacionalismo galego moderno e de esquerdas. ANIMO TERESA a por eles.

1 Roi Xordo

Hoxe xa podemos ler nos xornais como comeza unha nova baixada de calzóns de Beiras diante do Papa Negro. Outra vez os Irmandiños derrotados pola UPG. Marchade do BNG dunha vez e construide, con outras organizacións, unha alternativa que dea resposta as demandas das clases populares galegas. Deixade á Secta UPG sóa no seu castelo, que xa está próximo a derrubarse.

2 Xouba

Home, se ese abrazo vai ser máis do mesmo...mellor tirar pra diante Ei e +Gz. Eu se fose eles, como xa levo dito, actuaría en clave conxunta no escenario bng; iso ou a fin do bloque, que semella, máis que nunca, posíbel. De todas formas, os e as "desencantados" de ambos lados e os non desencantados deberian planear un plan B pra traballar e reaxir a esqerda nacionalista nun novo proxecto... por se acaso. Eu non acredito na UPG. En Marte ven as cousas internas de maneira mui.... marciana....

3 Manuel

Roi Xordo: Xa comezades con intoxicación mentirosas como no 2009 ? De que xornais falas ? O único que se entrega é Aymerich que se nega unha e outra vez a facerlle fronte á UPG no consello nacional onde hai unha maioría fronte á UPG. Pero o Carlitos so quere pactar coa UPG para ser candidato. Nin cando os outros lle ofrecen apoiar as súas propostas e sacalas adiante, se atreve o Carlitos a enfrontarse aos compañeiros de piso en Madrid. Pero a maioría de +Galiza xa o sabe: Perez Bouza, Taboas, Barcia, Xardón, Severino, etc,etc

4 Roi Xordo

Manuel: Paréceche intosicación ou baixada de calzóns, unha vez máis, de Beiras en contra do que opinan a maioría dos irmandiños. http://www.elcorreogallego.es/galic....